Subvencións cultura 2010

144

A Concellaría de Cultura acaba de
sacar a convocatoria das subvencións á asociacións e entidades sen ánimo de
lucro que desenvolvan accións no eido da cultura no presente ano. Para estas
axudas a Concellaría destina un orzamento de 40.000 euros. Están pensadas para
fomentar as actividades no edio da cultura por parte de persoas físicas ou
xurídicas, asociacións e entidades sen fin de lucro, que poidan ser
consideradas de interese social para o Concello de Pontevedra.

 

Poderán solicitar as
subvencións as persoas físicas ou xurídicas, asociacións e entidades
validamente constituídas sen fin
de lucro, que teñan o seu
domicilio social no
concello de Pontevedra, realicen
actividades
de interese municipal e se atopen debidamente inscritas
no rexistro municipal de asociacións.

 

Tamén poden concurrir as
persoas físicas ou xurídicas, entidades e
asociacións sen
finalidade de lucro, validamente
constituídas,
aínda que non estean domiciliadas
no concello de
Pontevedra, que realicen
actividades de interese municipal
dentro
do concello ou en beneficio do mesmo.

 

Polo contrario,
non poderán ser destinatarios de subvencións aquelas entidades que non se
atopen ao corrente das súas obrigas fiscais co Concello de Pontevedra e coa
Seguridade Social.

 

A contía da
subvención estará en función do custo dos programas, dos criterios de baremo e
dos recursos con que conte para cubrir parcialmente os proxectos. En ningún
caso o importe da subvención poderá ser de tal contía que, illadamente ou en
concorrencia con subvencións ou axudas doutras Administracións Públicas ou
doutros entes públicos ou privados, supere o custo total da actividade que vai desenvolver
o/a beneficiario/a. A porcentaxe subvencionábel polo Concello non poderá
exceder do 50% do custo da actividade á que se aplique.

 

Para optar a estas
axudas, os interesados deberán presentar a súas solicitudes coa documentación
pertinente (consultar o BOP) no Rexistro Xeral do Concello de Pontevedra, no
prazo de quince días contados dende o día seguinte ao da publicación das bases
no Boletín Oficial da Provincia.

 

O BOP publica hoxe
estas bases das subvencións.