O
Concello de Pontevedra organizou un dispositivo especial de tráfico co
fin de minimizar os inconvintes que a carrexan da Feira Franca. Nel
participarán membros da Policía Local, Protección Civil, Bombeiros e
voluntarios que axudarán a que o espazo público estea nas mellores
condicións de uso para a cidadanía.
Ante
a hipótese dunha presenza masiva de persoas e vehículos, o Concello de
Pontevedra solicita a colaboración
cidadán á vez que fai un chamamento á utilización dos aparcadoiros
disuasorios (Mollabao; Pavillón de Deportes e explanada do Recinto Feiral) e por suposto solicita
especialmente aos veciños e veciñas de Pontevedra que reduzan o uso do
vehículo particular ao mínimo imprescindible.
O operativo de tráfico conleva unha serie de medidas coma a restricción
de aparcamentos en determinadas rúas e cortes de tráfico, polo que se
solicita o máximo respecto á sinalización provisional nos espazos
afectados.
A montaxe das infraestructuras realizarase dentro
dos seguintes criterios: nas prazas e rúas da Zona Monumental, poderase
realizar o sábado día 4 dende as 06 ata as 10 horas.
1.
Vías
pechadas ao tráfico
§
Prohíbese a circulación de vehículos nas rúas da Zona Monumental a
partires do sábado día 4 as 09 horas.
§
Arcebispo Malvar
§
Galera
§
Benito Corbal (tramo peonil)
§
Rúa Peregrina, (tramo peonil)
§
Rúa Michelena
§
A partires das 10 horas do día 4 se pechara o trafico a Praza de España.
§
Dende as 16 horas do día 4 de setembro se pechara a circulación de
vehículos as rúas do entorno da Praza de Toros, por mor da celebración dun
espectáculo medieval no interior da mesma. O peche afectara as rúas Víctor S.
Arnesto, Nostramo Lourido, Pedro Mariño de Lobeira, Celestino Poza Pastrana e
rúa Canaval. Campo da Torre, Almirante Matos
2.
Desvíos e
cambios de sentido da circulación de vehículos
O peche da Praza de España
a circulación de vehículos o sábado día 6, obriga os vehículos que pretendan
acceder os garaxes das rúas Marques de Riestra, e Xeneral Gutiérrez Mellado, a
facelo pola rúa Pastor Díaz.
3.
Puntos de
corte
No traslado do viño
realizarase un corte puntual na intersección das rúas Santa Clara con Cobian
Roffinac e na intersección das rúas Santa Clara con Perfecto Feijoo.
4.
Peches
puntuais de vía pública
A rúa Santa Clara na
actividade de traslado do viño cara a Zona Monumental.
ESTACIONAMENTOS
1.
Zonas
prohibidas
§
Relación de rúas: O sábado día 4 de
setembro queda prohibido estacionar:
1.
Dende as 22 horas do venres día 3, prohíbese estacionar na rúa Santa
Clara no tramo entre o Convento ata a rúa Cunqueiro..
2.
Entorno da Praza de Toros, prohíbese o estacionar dende o sábado día 4
as 8 horas nas rúa Víctor Saez Armesto,
3.
As rúa Canaval, Nostramo Lourido dende as 07:00 do venres día 2 de
setembro.
4.
Dende as 08: horas do mércores, 1 de setembro, rúa Aduana. Pechada ao
tráfico e prohibido estacionar.
§
Espectáculo Medieval
A celebrar na Praza de
Toros de Pontevedra o sábado día 4 do mes de setembro. A saída concentrada dos
asistentes compromete a circulación por Paseo de Colón, rúa san Roque e Avda.
Raíña Vitoria, polo paso continuo
de peóns, o que pode provocar cortes puntuais e desvíos de tráfico .
RECOMENDACIÓNS DA POLICÍA LOCAL
·
Especial atención ao valado con sinalización circunstancial en tódalas
rúas afectadas. Una lenda fixa
hora e día da prohibición do estacionamento,
·
Estacionamentos:
o
Utilización dos aparcadoiros disuasorios.
o
Especial atención aos paneis informativos, situados nas entradas da
cidade, sobre ocupación aparcadoiros públicos. Facilitan información, en tempo
real, sobre ocupación,
o
Estacionar nas entradas da cidade, especialmente avenidas.
·
Evitar movementos innecesarios de vehículos no perímetro do Recinto da
Feira Franca.
Entradas e saídas da cidade: aconséllase a AP9,
facilita o acceso a distintos puntos