Asperger

134
A concelleira de Benestar Social, Margarita Castejón mantivo esta semana unha reunión cos representantes da asociación Asperga, de familias de persoas afectadas pola Síndrome de Asperger. O propósito do encontro foi dar a coñecer ao Concello a existencia da asociación, e a concelleira comprometeuse a colaborar con ela cun programa para divulgar e informar sobre o síndrome de Asperger.

Neste encontro, os membros da asociación transmitiron á concelleira os problemas que teñen as familias cando algún dos seus membros está afectado pola denominada Síndrome de Asperger. Solicitaron a súa colaboración para a difusión e coñecemento da síndrome, tendo entre os seus obxectivos: a necesidade dunha detección temperá, o recoñecemento dos dereitos educativos e asistenciais dos afectados e das súas familias, a inserción laboral dos adultos, a asistencia ás necesidades do colectivo, a defensa dos seus dereitos e o respeto á diferencia e á calidade de vida das persoas asperger e súas familias.

Margarita Castejón e o seu departamento manterán unha estreita colaboración coa Asociación galega de familias de persoas afectadas pola Síndrome de Asperger- ASPERGA, para informar, dunha banda, sobre os servizos que dita asociación ten para os seus socios, e doutra, difundir e informar sobre a Síndrome de Asperger entre os diversos profesionais da intervención social e educativa, coa fin de realizar unha acción preventiva cara a evitar a exclusión social destas persoas.

SÍNDROME DE ASPERGER

O Síndrome de Asperger é un trastorno xeneralizado do desenvolvemento que se caracteriza por unha limitación significativa das capacidades de relación social, o emprego peculiar da linguaxe, a alteración nos modelos de comunicación e a presencia de rituais e temas de interese absorbentes e limitados. Na maioría dos casos, os afectados teñen unha intelixencia intacta, é dicir, a persoa ten un aspecto e intelixencia normal -ou incluso superior á media-, presenta un estilo cognitivo particular e, frecuentemente, habilidades especiais en áreas restrinxidas.

Os pacientes son inocentes socialmente, é dicir, non saben actuar ante as situacións normais da vida diaria, pois carecen das denominadas habilidades sociais. Existe unha comorbilidade importante, dado que a Síndrome de Asperger está oculta moitas veces por outros trastornos, tales como: Trastornos por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH), Trastorno Obsesivo Compulsivo (TOC), Trastorno de Conduta, Trastorno de Desenvolvemento da Coordinación, Síndrome de Tourette, crise de ansiedade, depresión… o que dificulta a súa detección.

A Concellaría de Benestar Social ten unha especia sensibilidade cara este síndrome dado que os estudantes con Síndrome de Asperger son especialmente vulnerables ao acoso escolar, por ser os raros da clase, aínda que a súa aparencia física e o seu cociente intelectual sexan perfectamente normais. A súa enfermidade os convirte en presa fácil para os acosadores de todas as idades e niveis educativos. É na adolescencia cando este problema se agrava ata alcanzar cotas dramáticas de sufrimento e indefensión, máxime si temos en conta que as persoas con Asperger poden levar anos padecendo en silencio e impunemente a burla, o desprezo, a exclusión social e incluso agresións físicas sen saber ou poder comunicalo a seus pais, nais o familias.

O ano 2006 foi declarado o «Ano Internacional da Síndrome de Asperger», por cumprirse o centenario do nacemento de Hans Asperger, médico pediatra que describiu a dificultades na interacción social destes menores a pesar da súa aparente adecuación cognitiva e verbal, e introduciu o concepto de Psicopatía Autista (Síndrome Asperger na terminoloxía actual. Término utilizado pola doutora Lorna Wing nun traballo publicado en 1981.)

A partir desa data, tense desvelado a importancia deste trastorno tanto pola súa elevada prevalencia como pola repercusión social.

A partir do ano 2007, o día 18 de febreiro ten sido declarado Día Internacional Asperger, en recordo do nacemento do Dr. Asperger.

Dende o inicio do mandato, a concelleira Margarita Castejón ten como norma de traballo o coordinación coas asociacións que desenvolven o seu traballo no eido social, por considerar que a labor que desempeñan as asociacións e moi necesaria para complementar as actuacións da administración.