Cursos CIM 2010

93

A Informática ocupa un lugar preferente na programación e así xa está a piques de comezar o primeiro curso, de Alfabetización Informática, con 100 horas de duración. Quedan moi poucas prazas dispoñibles para esta actividade concreta e as persoas interesadas deben pechar a matrícula antes do próximo luns, data na que bota a andar.
Haberá tamén cursos de Iniciación á Informática, Excel e Acces, Picasa e Open Office, Perfeccionamento e, finalmente, Internet. Os prazos de matrícula varían e todos os cursos darán comezo entre primeiros de outubro e primeiros de decembro.
Os cursos de Informática, que se desenvolverán no Pazo da Cultura e en horario de 16 a 19 horas, están especificamente dirixidos a mulleres desempregadas, polo que se esixe a presentación da tarxeta de desemprego, xunto con fotocopia do DNI e volante de empadroamento.
Por outra banda, o CIM prepara tamén cursos de Ioga (dous grupos) e 50 horas; Danza do ventre (dous grupos) e 30 horas; Arteterapia, con 30 horas; Risoterapia, 30 horas; Electricidade básica para mulleres, 30 horas; Cociña básica para homes, 16 horas e, finalmente, Dietética, alimentación e nutrición, cunha duración de 16 horas.
Os cursos comezan ao longo do mes de outubro e novembro e desenvolveranse en distintos locais. Para formalizar a matrícula basta con presentar fotocopia de DNI e volante de empadroamento.
A matrícula para todas as actividades pode realizarse a través do teléfono 900 119741 en horario de 10 a 13 horas, os luns, martes, xoves e venres. Tamén pode obterse información no enderezo electrónico igualdade@concellopontevedra.es. A documentación debe presentarse nas oficinas do Centro de Información á Muller, na rúa de Sor Lucía, número 2, terceiro andar.
A programación tamén inclúe catro charlas, de asistencia libre, sobre a saúde das mulleres que se van celebrar nos locais da Federación Castelao e distintos obradoiros que se ofrecerán nas parroquias sobre Autoestima e coñecemento persoal, Dietética, nutrición e alimentación e Risoterapia. En colaboración co Consello da Muller ofrecerase un obradoiro de Facilitación e mediación de grupos e outro de Empoderamento, baixo o lema “saír adiante”. Finalmente, xunto coa Federación de Nais e Pais de Alumnos FANPA-Pontevedra, ofrecerase o obradoiro de Coeducación: “Como educar en igualdade e previr a violencia de xénero”.