Conxelación impostos e taxas 2010

129

A Xunta de Goberno Local acordou
esta semana a conxelación das taxas e dos impostos municipais por segundo ano
consecutivo. O secretario da Xunta de Goberno e concelleiro de Economía e
Facenda, Raimundo González explicou esta semana que o Goberno Local acordou
conxelar IBI, IAE, Vehículos, alcantarillado, obras… e así ata 27 ordenanzas
fiscais para reducir a presión fiscal nos contribuíntes, especialmente nesta
época de crise económica.

 

Raimundo
González explicou que o ano 2008 soamente se incrementara menos do IPC menos da
metade das ordenanzas fiscais, e no ano 2009 conxeláronse na súa totalidade.
Esta mesma medida é a que agora se repite “dada a situación de crise económica
calquera modificación dos impostos ou das taxas municipais será unha decisión
moi sensible cara á cidadanía”, indicou Raimundo González quen considerou esta
“unha boa nova para os veciños de Pontevedra especialmente cando outros
conceptos van sufrir importantes subidas como o caso da luz”.

 

Ademais,
explicou o concelleiro que o incremento da recadación en algunhas das taxas ou
dos impostos do Concello non se debe ao incremento destes conceptos
impositivos, dado que están conxelados, senón á persecución do fraude e tamén
ao incremento e revisións dos padróns que fan que se incrementen as cifras de
recadación. Polo tanto, é un claro síntoma da eficiencia da xestión económica
municipal.

COMPARTIR