Noite dos calacús

168

A Concellaría de Dinamización Sociocultural celebra un ano
máis a Noite dos Calacús, que coincide coa véspera do Día de Todos os Santos. O
departamento que dirixe Anxos Riveiro organiza este domingo, 31 de outubro, con actividades
para os máis pequenos na praza da Verdura.

 

Na tradición galega,
era unha festa de gran importancia xa que supoñía a fin da tempada de colleitas
e o comezo da “estación escura” ou do solsticio do inverno. Co
obxectivo de recuperar esta antiga tradición de traballo nos calacús nas
vésperas do Día de Todos os Santos, a Concellaría convida aos nenos e nenas de
Pontevedra a achegarse á praza da Verdura, a partir das 18:00, horas para gozar
de varios obradoiros.

 

Poderán traballar cos
calacús e as velas que servirán para ambientar o casco histórico da cidade coas
cabazas xa decoradas.

 

No caso de mal tempo,
a Concellaría trasladará os obradoiros infantís aos soportais da praza da
Ferraría.