Obradoiro para a Cidadanía

88

Desta volta, a Concellaría que dirixe Margarita Castejón presta atención ao colectivo de senegaleses, que teñen unha importante presencia en Pontevedra, despois que nos dous últimos anos estivese focalizado nos inmigrantes marroquís.
O curso, no que xa están matriculados máis dunha vintena de persoas, será impartido en francés por medio de profesor nativo.
Está dirixido á poboación inmigrante de orixe senegalés, maiores de 16 anos, en proceso de incorporación á sociedade de acollida.
Duración: 20 horas.
Horario: tres sesións semanais de dúas horas cada unha, os luns, mércores e xoves.
Lugar: Pazo da Cultura de Pontevedra.
Datas: 3, 4, 8, 10, 11, 15, 17, 18 e 22 de novembro de 2010, de 18.30 horas a 20.45 horas. En horario de 18.30 horas a 20.45 horas.
Contido: Coñecemento da sociedade de acollida, acceso aos dereitos, cumprimento das obrigas, así como recursos e servizos aos que se poden dirixir en función da atención que se precise, emprego, vivenda, educación, sanidade, etcétera, buscando de este xeito el facilitar a incorporación do colectivo inmigrante á sociedade de acollida. Materiais elaborados por técnicas municipais especializadas.

COMPARTIR