Curso Muller e Saúde

110

A concelleira Margarita Castejón consideraba necesaria esta programación tendo en conta que as conclusións do Plan de atención integral e saúde da Muller en Galicia, revelan que as mulleres teñen unha problemática específica, derivada da súa situación socieconómica, da asunción en exclusiva das responsabilidades familiares e do coidado de persoas dependentes, dos usos do tempo, da violencia que se exerce contra elas e que están a influír negativamente sobre o seu estado de saúde e, en consecuencia, sobre a súa calidade de vida.
Preténdese con este ciclo, que leva por título “Saúde e Muller”, construír un lugar de encontro interactivo entre mulleres, crear un espazo de conversa e reflexión sobre temas relacionados coa saúde e contribuír ao coñecemento e vivenciación do corpo como fonte de saúde.
O programa é o seguinte:

  • Día 9 novembro : Muller e saúde psicoemocional a cargo de Estrella González Gómez, Psicóloga Clinica do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP).
  • Día 16 novembro: Saúde sexual e muller a cargo de Jacinto Casas. Psicólogo do centro de orientación familiar da Casa do Mar.
  • Día 23 novembro: Alimentación saudable e prevención de enfermidades na muller a cargo de Silvia Noemí massetti. Dietista.
  • Día 30 novembro: Muller, actividade física e saúde a cargo de Jesús Aboal, fisioterapeuta e técnico en actividades físicas.

As inscricións deben facerse nas oficinas do Centro de Información á Muller (CIM), na Casa Azul. Rúa Sor Lucía, 2, 3 ou nos teléfonos 900 119 741 – 649 34 64 57.

COMPARTIR