Festa do Outono 2010: Outonando

126

A Concellaría de
Dinamización Sociocultural pon en marcha esta semana as primeiras actividades
do programa Outonando, que organiza en colaboración co Centro Comercial
Aberto-Zona Monumental, e onde se atopa a tradicional Festa de Outono.

Outonando comeza co ciclo
de charlas “Consumir doutro xeito” a cargo de productoras ecolóxicas e
respectuosas co medio ambiente. Este ciclo desenvolverase o mércores e o xoves,
no Café Moderno, a partir das 19.30 horas.

O mércores, a conferencia correrá a cargo de Begoña Gómez González,
enxeneira agrónoma de Verín Biocoop, que tratará o tema “Sabemos o que comemos?
Hoxe, vacuno autóctono de Biocoop!”.

Biocoop S.C.G. fundouse no ano 1998 pola unión de
once gandeiros de vacún (carne e leite) coa idea de orientar as súas
explotacións a unidades produtivas respectuosas co medio ambiente, co benestar
animal e coa saúde dos consumidores. Actualmente, está integrada por 25
ganderías de produción e comercialización de carne e leite de vacún ecolóxica,
sumando máis de 2.000 reproductoras e 5.000 hectáreas sen produtos
contaminantes e de incendios. Un dos pilares destas ganderías é o seu gando,
razas autóctonas en perigro de extinción da provincia de Ourense (Vianesa,
Frieresa, Caldela, Cachena e Limia) perfectamente adaptadas ó medio do que son
orixinarias.

 

A xornada do xoves

A xornada do xoves, tamén no Café Moderno, a partir
das 19.30 horas, correrá a cargo de representantes das empresas Alimentos
Amorodo e A Hortiña da Ponte. Julio Morales Bértolo falará, dende A Hortiña da
Ponte, sobre a “Alimentación dende a chamada da Terra”; Cándido Martínez
Abadín, responsable de produción de Alimentos Amorodo, falará de
“Conservas+Vexetais+Ecolóxicas”.

Alimentos Amorodo é unha empresa dedicada á elaboración de conservas
vexetais de procedencia ecolóxica en tarros de vidro. A gama de conservas
elaboradas abrangue unhas 30 referencias diferentes, con producións anuais moi
diversas en cantidade. A empresa Alimentos Amorodo S.L. nace da iniciativa de
dúas mulleres, pequenas empresarias da localidade de Soutelo de Montes, no
Concello de Forcarei.

A Hortiña da Ponte é un grupo de produtores de horta en ecolóxico que
distribúen cestas de produtos a domicilio, a particulares, colectivos e tendas,
e que se constituíron como asociación para realizaren actividades educativas e
de concienciación, así como talleres, visitas á horta, etc.

 

Outonando

Durante o mes de novembro terán lugar obradoiros,
charlas, música, magostos, mercados, coincidindo coa chegada do outono e dos
produtos típicos como cogumelos, castañas, noces…

A
Concellaría e Zona Monumental programaron actividades como charlas de
produtoras ecolóxicas e respectuosas co medio ambiente, curso de cociña de
cogumelos, xornadas de produción de Shiitake.

 

O sábado
13 e domingo 14 de novembro celebrarase na praza de Curros Enríquez o mercado
de produtos de outono con postos de venda de castañas, froitos secos, pan,
verdura… que se verán complementados con obradoiros de cesteria, cogumelos,
actuacións de música tradicional… Tamén se celebrarán xornadas gastronómicas en
diversos restaurantes e bares de Pontevedra durante estes dous días.

Ver documento PDF
Ver documento PDF
Ver documento PDF
Ver documento PDF

COMPARTIR