Día internacional da infancia

111

Os actos comezan cun ciclo de cine. Están programadas cinco proxeccións entre o día 16 e o 20 de novembro dirixidas ao alumnado dos colexios de Educación Infantil e Primaria. As proxeccións serán na Biblioteca Pública Antonio Odriozola e as películas elixidas son “Up”, “Tiana e o sapo”, “Choiva de albóndegas”, “Como adestrar ao teu dragón” e “Planet 51”.
Por outra banda, haberá unha actividade lúdica cos nenos e nenas de 5 anos dos colexios do Concello de Pontevedra, que comezará o 19 de novembro no colexio Froébel. A este acto asistirá a concelleira, Margarita Castejón, quen entregará os diplomas aos alumnos participantes.
O día 26 de novembro ofrecerase un contacontos nas instalacións da biblioteca a cargo da actriz Bea Campos, do grupo Migallas.