Pago de facturas

125
O concelleiro de Economía e Facenda, Raimundo González Carballo presentou esta semana os informes elaborados pola Tesourería municipal que confirnan que o Concello paga as súas facturas nunha media de 55 días. Estes informes foron elaborados para dar resposta á Lei 15/2010 que obriga ás administracións locais a dar conta ao pleno do cumprimento dos prazos do pago das facturas.

Segundo o informe de Tesourería do último trimestre (de 7 de xullo a 7 de outubro), a media de pago é de 55 días. “Esto contradice de maneira substancial toda a argumentación do Partido Popular cando falta dunha gran demora no pago”.

No último trimestre, o Concello pagou 263 facturas das cales 203 se pagaron en 22 días. Foron o 86,02% do total das facturas cun montante de 3.106.748 euros. 33 facturas pagáronse en 65 días, que foron o 13,98% das facturas cun valor global de 553.541 euros.

Estes datos demostran que o Concello paga por debaixo dos 55 días que fixa a lei.

Ademais, elaborouse outro informe obrigatorio no caso das facturas que tarden máis de 90 días en pagarse. Se trata de sete facturas das cales 6 corresponden ao pago do mantemento dos ascensores (que cobran sempre por adiantado) e unha polo pago dunha aplicación informática cuxa instalación aínda non está rematada.

Nestes casos, Raimundo González explicou que “o que tratamos é de salvagardar os intereses do Concello”.

O concelleiro tamén explicou esta semana que o pleno debatirá unha modificación de crédito de 1.004.531,30 euros para investimentos, pagos de Recygest e os incrementos derivados da subida do IVE.