Intelixencia Emocional

111

O concepto de Intelixencia Emocional está a adquirir unha grande relevancia social ata o punto de que xa resulta habitual encontrar libros ou artigos sobre esta materia ou mesmo programas de radio ou televisión.
O programa da xornada xirou ao redor de catro conferencias en horario de mañá que abordaron os ámbitos das Condutas adictivas, Social, Sanitario e Educativo. Pola tarde celebrouse unha rolda de seminarios que volveron incidir sobre estes mesmos catro ámbitos. Os expertos invitados foron Desirée Ruiz Aranda, profesora do Departamento de Psicoloxía Básica da facultade de Psicoloxía da Universidade de Málaga, quen foi a encargada de abordar a vertente que relaciona a intelixencia emocional coas condutas adictivas; María del Carmen Gutiérrez Moar, profesora do departamento da Teoría da Educación da Universidade de Santiago, quen tratou o ámbito social; María Dolors Navarro, profesora asociada de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Universidade Autónoma de Barcelona, encargada do aspecto sanitario; e, finalmente, Rafael Bisquerra Alzina, catedrático de Orientación Psicopedagóxica da Universidade de Barcelona, quen foi o encargado de abordar o ámbito educativo.
A xornada anual do Plan Municipal de Condutas Adictivas de Pontevedra está a acadar recoñecemento en toda Galicia. Comezou en 2004 dedicada ás “Liñas Mestras dos plans municipais sobre drogas”. A partir de aí, sucesivamente, tratou sobre “A importancia do contexto social”, “As outras adiccións”, “Intervención con adolescentes” e, finalmente, o pasado ano estudáronse os modelos de intervención terapéutica baixo o título “Tres claves para a intervención na relación de axuda”.