Iluminación 2010

135

A cidade de Pontevedra prepárase para o Nadal. O Concello de Pontevedra ten previsto o acendido da iluminación para este venres, 3 de decembro, coa presenza do alcalde e de outros membros da Corporación, ademais de representantes de Aempe e da Zona Monumental, que como cada ano colaboran na decoración de Nadal das rúas da cidade. Como os anos anteriores, a Concellaría de Festas, dirixida por Anxos Riveiro, reservou unha partida de 68.000 euros para o alumeado de Nadal e das pasadas festas da Peregrina, e tamén do entroido do ano que vén.

A Concellaría está a instalar toda a iluminación dependente da súa área. Terán iluminación: Paseo Colón, a árbore da gardería O Toxo, a avenida de Vigo, todas as rúas de acceso ao casco urbano (ponte do Burgo, ponte de Santiago,…), Rosalía de Castro, Michelena, praza de España, A Seca, Uxío Novoneira, 12 de novembro, Benito Corbal, Estribela, Monte Porreiro, Ponte Sampaio, o parque de bombeiros, a Ferraría, entre outras.

Como cada ano, a decoración do casco histórico corre a cargo da Asociación Zona Monumental, e no resto de rúas da cidade será a cargo dos comerciantes das distintas rúas, a través de Aempe. Nestes casos, o Concello asume dos gastos de consumo eléctrico.

Seguindo coas medidas de aforro enerxético tamén nestas datas, a Concellaría decidiu recortar o número de horas que este decorado de Nadal estea aceso. A iluminación estará dende as 18.00 da tarde ás 001.00 horas, agás os días 31 de decembro e 1 de xaneiro que será ata ás 04.00 horas. A decoración apagarase o 7 de xaneiro.

COMPARTIR