Terrassa

94

O
alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira de Festas,
Anxos Riveiro, mantiveron esta mañá unha reunión con Jaume Girona Torrente,
responsable de cultura popular da Concellaría de Cultura do Concello de
Terrassa que viu a convidar a Pontevedra na organización da Mostra da
diversidade cultural de Terrassa que se celebrará os días 18, 19 e 20 de marzo
de 2011. O responsable do Concello de Terrassa estivo acompañado de Antonio
Rodríguez Rodríguez, presidente da Irmandade Galega O noso Lar, e Josep Ballart
Ballús, responsable de relacións institucionais e con entidades de Alcaldía do
Concello de Terrassa.

O Concello de Terrassa organiza cada dous anos,
e dende hai 20 anos, esta mostra na que participan localidades de distintos
puntos do mundo que teñen representación na sociedade de Terrassa, que é un
concello de 215.000 habitantes. Nesta ocasión, a organización escolleu a
Pontevedra para participar como localidade convidada.

A mostra ten unha orixe social, xa que comezou
de mans das distintas entidades sociais de Terrassa, e logo colleu o relevo o
Concello. Ten por obxectivo vertebrar á cidade, dar a coñecer Terrassa e as
novas sociedades galegas, “das que Pontevedra é un claro exemplo”, segundo
Jaume Girona.

En Terrassa hai 1.200 galegos, que reclamaron
que este ano a localidade convidada fose Pontevedra. Miguel Anxo Fernández
Lores indicou que “este convite supón un recoñecemento a Pontevedra”, e
anunciou que o municipio estará representado nesta mostra a través de estands
de turismo, de grupos folclóricos e tamén de degustación de produtos típicos.
De todos os xeitos, aínda se está a pechar a colaboración do Concello de
Pontevedra.

COMPARTIR