Cabalgata 2011

83

A chuvia deu unha tregua para que a véspera de Reis puideran saír á rúa os Reis Magos de Oriente, que foron recibidos por centos de nenos nas rúas da cidade. A Cabalgata de Reis recuperou o seu tradicional percorrido polas rúas Doce de Novembro, Loureiro Crespo, Benito Corbal, Peregrina, Michelena e Praza de España


Durante unha hora os Reis Magos repartiron ilusión e sorpresa a todos os nenos de Pontevedra.

 

Como todos os anos, chegaron ao Concello ás 16.00 horas para trasladarse ata o Pazo de
Mugartegui onde fixeron unha recepción a todos os nenos que se quixeron achegar ao
Pazo e expoñerlles os seus desexos para esa noite.

 

Ás
19.00 horas partiu a comitiva real dende a rúa 12 de novembro para percorrer
as rúas Loureiro Crespo, Benito Corbal, Peregrina, Michelena e Praza de España,
onde rematou a Cabalgata. As carrozas saíron da zona polas rúas Alameda e
Echegaray.

 

A
comitiva dos Reis Magos foi a seguinte:

 

·  Banda de Música de
Pontevedra

·  Camión escaleira de
Bombeiros

·  Grupo de Cabalería

·  Carroza Caixanova

·  Rivel animación:
Bastóns de caramelo

·  Art Monium: 5 xigantes

·  Carroza Tarzán e mono
(Coca cola)

·  Rivel animación:
globadores imposibles

·  Grupo folclórico Os
Alegres

·  Carroza Blancaneves
(Zona Monumental)

·  Troula: Blancaneves

·  Salcedian Brass
Enxemble

·  Rivel animación:
Pallasos xigantes Rivel

·  Carroza Trineo e renos
(Supermercados Froiz)

·  Art-Monium:
Malabaristas de lume, percusionistas e bailarinas árabes

·  Grupo de pastores

·  Camelos

·  Carroza Rei Melchor
“Medusa e Medusones” (Deputación)

·  Art-Monium: tres
dragóns

·  Charanga Apeles

·  Rivel animación:
minicirco Rivel

·  Carroza Rei Gaspar
“Cabalos voadores”

·  Rivel animación: mundo
azul

·  Agrupación floclórica
Os Alegres

·  Troula: Alicia

·  Carroza Rei Baltasar
“Aves do paraíso”

·  Os Quintilláns

COMPARTIR