Cidade de Pontevedra 2010

75

Pechado o Rexistro xeral do
Concello de Pontevedra esta mañá, foron varias as candidaturas presentadas ao
premio Cidade de Pontevedra 2010, convocados pola Concellaría de Cultura.

 

As
propostas foron:

 

·  Cedofeita e Pilar
Lavía
propostos pola Federación Teucro. Esta última tamén é apoiada pola
Federación de Asociacións de Veciños Boa Vila e pola Asociación de Veciños San
Bartolomé.

·  Celso
García de la Riega Álvarez
e Xunta coordinadora da Semana Santa
propostos por Pontevedra Alternativa. Esta última tamén é apoiada pola
Asociación de Veciños San Bartolomé e pola  Federación de Asociacións de Veciños Boa Vila.

·  Don
Jesús, párroco de Praceres
, e Plataforma dos Praceres, propostos por
Cimo-Castelao.

·  Chichisos proposto
por Antón Roel.

·  Comparsa
Amoriños de Bora
proposta pola Asociación Músico Cultural San
Martiño de Salcedo.

·  Complexo
Hospitalario de Pontevedra (CHOP)
propostos pola Asociación de
Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Pontevedra (AFAPO) e
a Asociación Española contra o Cancro.

·  Beatriz
Gómez Cortés
, nadadora da selección española junior e absoluta,
proposta pola Fundación Náutica-Deportiva Rías do Sur.

 

 

Os Premios Cidade de Pontevedra teñen como
finalidade galardoar o relevante labor desenvolto na modalidade individual por
unha persoa física e, na modalidade colectiva, por persoas xurídicas
(asociacións, entidades ou colectivos de caracter cultural, social xuvenil,
empresarial, etc..). O xurado terá en conta e valorará especialmente o labor
desenvolto no ano que corresponda.

 

O xurado dos premios Cidade de Pontevedra
reunirase o martes, 11 de xaneiro, ás 13.00 horas, no Concello. Os premios
serán entregados o vindeiro 20 de xaneiro, coincidindo coa celebración do día
do patrón de Pontevedra, San Sebastián, nunha sesión plenaria extraordinaria.