Cidade de Pontevedra 2010: faio xurado

120

O Xurado dos premios Cidade de
Pontevedra acordou por unanimidade esta mañá, que os gañadores nas súas dúas
modalidades sexan:

 

v 
Beatriz Gómez Cortés

v 
Asociación sociocultural Cedofeita.

 

A concelleira de
Cultura, Lola Dopico presididu a reunión do xurado que estivo integrado por
representantes de cada un dos grupos municipais, así como do Colexio de
Xornalistas, de Asociacións Culturais e de Veciños da cidade. O secretario foi
o xefe de servizo de Cultura, José Sarandeses.

 

Despois de media hora
de deliberación, a concelleira Lola Dopico destacou que houbo consenso dende o
primeiro momento sobre as dúas propostas ao premio.

 

Sobre Cedofeita, a
concelleira destacou que vén realizando un extraordinario traballo de
documentación, especialmente na área do Lérez. “Significa o mellor do traballo
cultural que resume a adicación de moitas das asociacións culturais de
Pontevedra”, segundo a concelleira.

 

A cerca da nadadora
Beatriz Gómez Cortés, Lola Dopico da que destacou o esforzo que supón a súa
traxectoria deportiva.

 

Beatriz Gómez Cortés
foi proposta pola Fundación náutico-deportiva Rías do Sur “polos logros
acadados no deporte da natación, facendo que a pontevedresa sexa recoñecida en
España formando parte da Selección español Junior e absoluta, e acadando
resultados moi satisfactorios que fan dela unha promesa da natación nacional,
así como un espello no que poden verse reflectidos outros mozos da nosa
provincia”.

 

Cedofeita foi proposta
pola Federación de Asociacións de Veciños Teucro. Segundo no seu escrito “Nada
fai 16 anos por inquedanza duns veciños de Lérez, a Asociación Cultural
Cedofeita tenta de sacar á luz e dar a coñecer o patrimonio cultural e
artístico da parroquia de Lérez e a súa contorna, a través dunha programación
de actividades e de exposicións, e coa publicación dunha revista anual que leva
o seu nome e que neste ano cumpriu o seu número 16.

 

A asociación ten unha
ampla programación ao longo de todo o ano realizando unha intensa actividade
divulgativa sobre o medio ambiente e a historia do entorno. Ten tamén unha
participación destacada na Feira Franca onde fixeron demostracións de como se
poden facer tintas naturais a partir das plantas ou como conquereir fabricar
papel a partir de palla, entre outras. Fai todos os outonos saídas micolóxicas
ao monte e os seus integrantes colaboran de xeito cotiá con todas aquelas
entidades que así o solicitan.

 

Creemos que esta
acreditada traxectoria ao longo de todos estes anos a fanna merecedora do
Premio Cidade de Pontevedra no seu apartado de persoas xurídicas”.

COMPARTIR