Traslado Servizos Sociais

104

O traslado é posible unha vez que todos os traballadores da Alcaldía e o seu gabinete, Tenencia de Alcaldía e diversas concellerías que aínda estaban situadas no vello edificio deseñado por Alejandro Sesmeros se teñen mudado definitivamente ao edificio de Michelena, 30, o inmoble cedido ao Concello gratuíta e indefinidamente hai dous anos grazas a un protocolo asinado entre a tenente de alcalde, Teresa Casal, e o ex conselleiro de Economía e Facenda do anterior Goberno da Xunta, Xosé Ramón Fernández Antonio.
O traslado afecta a 17 traballadores dos Servizos Sociais municipais. As oficinas da área de Servizos Sociais que se trasladan ao inmoble da praza de España son:
· Concelleira de Benestar Social
· Directora xeral de Benestar Social e Educación
· Xefa de Servizo de Benestar Social e Educación
· Xefa de Sección da oficina técnica de Benestar Social
· Unidades de Traballo Social
· Unidade administrativa de Servizos Socias.
· Arquivo de Benestar social
O traslado realizarase durante o venres 21, luns 24, martes 25, e mércores 26, polo que durante estes días atenderanse só os asuntos de extrema urxencia.
Está previsto que as obras do chalé de Fontoira rematen cara o mes de abril. Consistirán nunha adaptación dos espazos para aumentar a confidencialidade, arranxar o tellado e suprimir barreiras arquitectónicas.