Débeda con Indeza

78

A Xunta de Goberno Local acordou esta mañá
recurrir a sentenza dictada polo Xulgado do Contencioso número 1 de Pontevedra que
obriga ao Concello a pagar 450.000 euros á construtora Indeza, polas obras de
reurbanización do barrio de extramuros do casco histórico (no ámbito do paseo
Colón).


A portavoz do Goberno, Anxos Riveiro explicou esta mañá que os técnicos
municipais entenden que a sentenza do xulgado non responde á realidade do
proxecto nin da obra, de ahí que acorde recurrir o faio ante o Tribunal
Superior de Xustiza de Galicia.

A sentenza admite parcialmente a demanda interposta pola construtora, pero tamén
inclúe que se deben descontar 767.741,83 euros mencionados no informe pericial,
así como a cantidade fixada por deficiencias e excluir, tamén, partidas ou
unidades de obra mencionadas nos fundamentos xurídicos, ademais dos intereses
correspondentes.

A contabilidade destas últimas contías a
excluir fíxoas o Concello ordenado polo Xulgado, e plasmouse nun informe técnico
elaborado pola oficina de arquitectura. Seguindo as directrices do Xulgado e co
proxecto na man, os técnicos estiman que o Concello debe pagar á constructora
Indeza 454.522,99 euros, é dicir, 1.081.000 euros menos dos que reclamaba a
construtora, que inicialmente eran 1.536.331 euros.

A maiores, o informe do técnico municipal fai
constar que, a pesar da sentenza, seguen a detectarse partidas duplicadas na
liquidación da obra, polo que a contía final que debería aportar o Concello á
construtora sería de 198.932,20 euros.

Ademais, remata o técnico que “non existe,
en ningún momento do proceso de liquidación da obra, dunha medición xeral da
mesma, ben realizada en presenza das dúas partes ou ben por perito xudicial,
que determine a cuantificación exacta do executado, toda vez que ningunha das
periciais practicadas ata o de agora o tiñan como obxecto. Dita omisión deste
requisito, esixido pola lexislación vixente, supón unha indefensión clara para
o Concello, toda vez que se lle impón unha medición de parte sen ningunha
comprobación”.