Cursos CIM

69

A concelleira de Benestar Social e responsable do CIM, Margarita Castejón, subliña que optouse por cubrir aspectos lúdicos, pero tamén outros moi prácticos e relacionados coa vida cotián, ademais doutros relacionados con cuestións máis crúas da actualidade como a violencia de xénero, ou a busca activa de emprego. A novidade chega tamén este ano coa organización dun curso de formación en xestión de asociacións.
Os 15 cursos divídense nos apartados de Saúde, Empoderamento, Conciliación, Mulleres nas parroquias, Asociacións de Mulleres e Formación. Todos eles están dirixidos a mulleres agás o tradicional cursiño de Cociña, que, como sempre, é mixto.
Todos os obradoiros vanse celebrar entre o 15 de febreiro e o mes de xuño. Admítense grupos de entre 20 e 40 persoas e celébranse en distintos locais en función da súa temática. Cada obradoiro ten unha serie de requisitos en función da poboación á que se dirixan. Sempre teñen preferencia as mulleres empadroadas en Pontevedra. Para inscribirse hai que acudir, a partir das 10.00 horas ás oficinas do CIM, trasladadas recentemente á rúa de Arcebispo Malvar, número 1. O teléfono de contacto é o 900 119 471 e o enderezo electrónico igualdade@concellopontevedra.es. Cada solicitante pode inscribir a dúas persoas e, aínda que admítese a documentación presentada por correo electrónico, terán preferencia as entregadas presencialmente.
A convocatoria abrangue, por apartados, os seguintes cursos:
Saúde: Ioga, Danza do ventre, Bioenerxética e Charlas sobre enfermidades femininas.
Escola de Empoderamento: Taller de teatro para mulleres, Obradoiro de autoestima e liderado a través da creatividade e Charla sobre violencia de xénero.
Conciliación: Taller de fontanería e arranxos domésticos, Cociña e Habilidades domésticas e de atención a persoas do fogar.
Cursos nas parroquias do rural: Taller de saúde integral para persoas maiores, Punto de encontro a través da arte e Curso de formación básica en novas tecnoloxías.
Cursos dirixidos a asociacións de mulleres do municipio: Curso de xestión de asociacións.
Formación: Curso de busca activa de emprego, formación e autoemprego.

Ver documento PDF
Ver documento PDF
Ver documento PDF
Ver documento PDF

COMPARTIR