Entroido 2011: programa e pregoeiro

110

Patricia Vázquez será a pregoeira do Entroido de Pontevedra
2011 que arrancará o vindeiro venres, 4 de marzo, cunha programación renovada
en horarios e contidos. A actriz que interpreta a Lidia na serie da TVG Padre
Casares, dará a benvida ao entroido no que estará inmersa a cidade de
Pontevedra durante sete días.

 

Dende esta mañá o
programa do Entroido xa está na rúa. Inclúe pasatempos e todas as actividades e
bases do entroido que son as seguintes:

           

 

VENRES 4 DE MARZO

 

o   17.30 horas. Praza da Verdura.
Obradoiros de xogos e disfraces

o   20.00 horas. Praza da Verdura.
Degustación de filloas de entroido

o   20.45 horas. Praza da Verdura.
Urco, rei do entroido, chegará a Pontevedra acompañado do seu séquito e das
comparsas Amoriños de Bora, Solfamidas de Campo Lameiro, Val do Lérez, San
Xulián, Os da Caña, Os Canecos onde será recibido polo Alcalde. Lectura do
pregón.

 

SÁBADO 5 DE MARZO

 

o   11.00 horas Pasarrúas pola zona
monumental da comparsa Os Canecos de Poio

o   16.30 horas Rúa Xosé Malvar:
concentración dos participantes no desfile para realizar a inscrición e recollida
do número

o   17.30 horas Desfile do entroido:
saída dende a rúa Xosé Malvar, Loureiro Crespo, Benito Corbal, Peregrina,
Michelena, praza de España e rúa Alameda

o   20.00 horas Praza da Ferraría.
Celebración da gran festa do entroido durante a que se fará entrega dos premios
do concurso de disfraces en cada unha das modalidades

 

LUNS 7 DE MARZO

 

o   17.30 horas Praza da Verdura.
Obradoiros de xogos e disfraces

o   19.30 horas Praza da Peregrina.
Presentación do loro Ravachol. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo Actuación
do Grupo Foula.

o   21.00 horas Pazo da Cultura.
Primeira eliminatoria do XX Concurso de Murgas.

 

MARTES 8 DE MARZO

 

o   16.30 horas Centro comercial
Vialia-Renfe. Concurso de Filloas. Organiza: Radio Voz Pontevedra. Promove:
Concello de Pontevedra

o   17.00 horas Praza da Ferraría. Gran
festa de entroido infantil. Maxia con Xavier Muro, música con Mamá Cabra,
animación con Rivel e varios DJ.

o   22.30 horas Animación de rúa polo
centro histórico coas comparsas

§  Amoriños de Bora

§  Val do Lérez

§  Solfamidas

§  Banda do Grelo

§  San Xulián

§  Os da Caña

§  Os Canecos

 

MÉRCORES 9 DE MARZO

 

o  
17.00
horas Praza da Peregrina. Obradoiro: “As Mascaras de Ravachol”

o   19.00 horas Recreación da botica de
don Perfecto Feijoo. Ambientación a cargo da Aula de Teatro Municipal e
persoeiros relevantes da época na cidade. Actuación do grupo Foula.

o   21.00 horas Pazo da Cultura.
Segunda eliminatoria do XX Concurso de Murgas

 

 

XOVES 10 DE MARZO

 

o   21.00 horas Pazo da Cultura. Final
do XX Concurso de Murgas

 

 

VENRES 11 DE MARZO

 

o  
23.00
horas Pazas e rúas da cidade. XVI Mostra da Parodia do Entroido

o   02.00 horas Praza da Ferraría.
Entrega de premios da XVI Mostra da Parodia do Entroido

 

 

SÁBADO 12 DE MARZO

 

o   12.00 horas Praza da Peregrina.
Recreación da botica de don Perfecto Feijoo.

o   18.00 horas Praza da Verdura.
Comezo do velorio de Ravachol na sala mortuoria. Prégase a asistencia de loito
rigoroso.

o   21.00 horas Saída do cortexo
fúnebre dende a praza da Verdura percorrendo as rúas San Román, Ferraría, paseo
Antonio Odriozola, Soportais, Manuel Quiroga, Princesa, Sabela II, Rúa Real,
Sarmiento, Pasantaría e praza da Ferraría. Como remate, procederase á
incineración do finado. Na súa honra terá lugar un sentido espectáculo
necrolóxico coa lectura dunha loanza fúnebre.

 

BASES DO DESFILE DO ENTROIDO

 

As comparsas compoñeranse dun
mínimo de 20 persoas que irán acompañadas de instrumentos musicais e
interpretarán cancións carnavalescas ou pasarrúas durante o desfile. A maioría
dos seus compoñentes deben ir a pé. Os nenos e nenas que participen no desfile
non poderán entrar no concurso a non ser que estean integrados nunha comparsa
ou cun grupo de adultos. O xurado terá en conta o vestiario, a animación de rúa
e a calidade musical.

 

Os disfraces premiados daranse a
coñecer durante o transcurso da verbena do entroido, que se celebrará na noite
do sábado 5 na praza da Ferraría. Os premios deberanse recoller de xeito
obrigatorio cos mesmos disfraces cos que foron premiados. Ademais levarán a
tarxeta de inscrición e mais o DNI.

 

Para valorar os disfraces, o xurado
terá en conta non só a categoría do disfrace, senón tamén a participación
activa e humorística durante o desfile. Haberá un premio especial do entroido
consistente no Ravachol 2011 para
aquela comparsa ou grupo que, a xuízo do xurado, reúna especiais características
no conxunto. Este premio poderá quedar deserto.

 

O xurado resérvase o dereito a
descualificar aquelas persoas con disfraces que, ao seu xuízo, poidan resultar
ofensivos, de dubidosa interpretación ou que non cumpran as normas que ao longo
da comitiva vaia transmitindo o persoal de organización, que irá debidamente
identificado.

 

Os participantes, no momento da súa
inscrición, deberán facer constar en que modalidade queren participar: facha,
disfrace ou fantasía. Todos os participantes deberán estar anotados antes das
17.00 horas do sábado 5, día do desfile. A concentración e inscrición de todos
os participantes no desfile de entroido realizarase na rúa Xosé Malvar.

 

A orde de participación das
comparsas e dos grupos sobre camións – góndolas ou grandes plataformas no
desfile determinarase logo dun sorteo.

 

Os grupos sobre camións – góndolas
ou grandes plataformas non poderán exceder o ancho da propia góndola ou
plataforma, e en calquera caso todos os participantes do entroido adaptarán as
súas estruturas ao trazado por onde transcorre o desfile.

 

A participación supón a plena
aceptación destas bases. Os participantes deberán inscribirse na modalidade
axeitada. A decisión do xurado será inapelable.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Premios do desfile do entroido

 

INDIVIDUAIS

DISFRACE

FACHAS

FANTASÍA

1º Premio

250,00 €

250,00 €

250,00 €

2º Premio

150,00 €

150,00 €

 

3º Premio

120,00 €

120,00 €

 

 

PARELLAS

DISFRACE

FACHAS

FANTASÍA

1º Premio

350,00 €

350,00 €

350,00 €

2º Premio

230,00 €

230,00 €

 

3º Premio

200,00 €

200,00 €

 

 

GRUPOS

DISFRACE

FACHAS

FANTASÍA

1º Premio

2.500,00 €

2.500,00 €

2.000,00 €

2º Premio

1.800,00 €

1.800,00 €

 

3º Premio

1.300,00 €

1.300,00 €

 

 

COMPARSA

DISFRACE

 

 

1º Premio

2.500,00 €

 

 

2º Premio

1.900,00 €

 

 

3º Premio

1.600,00 €

 

 

4º Premio

1.150,00 €

 

 

5º Premio

850,00 €

 

 

 

 

 

BASES DO CONCURSO DE MURGAS

 

Deben estar compostas por un número
mínimo de cinco persoas e un máximo de vinte e terán que ir acompañadas de
calquera tipo de instrumento.

 

Aquelas que desexen participar
deberán realizar a súa inscrición no Servizo de Cultura (Arcebispo Malvar nº 1
) antes das 13.00 horas do venres 4 de marzo.

 

Os/as integrantes de cada murga só
poden participar única e exclusivamente nunha.

 

A orde para a interpretación das
cancións de cada unha das murgas quedará establecida mediante un sorteo que se
celebrará o sábado día 5 de marzo ás 13.00 horas no Servizo de Cultura
(Arcebispo Malvar nº 1) ao que debe asistir un representante de cada murga.

 

O tempo destinado a cada actuación
é de 30 minutos como máximo. Poderá ser inferior se cada murga o desexa así.

 

As cancións que se interpreten
poderán ser, indistintamente, en galego ou castelán, de temática libre e
adaptadas ao estilo do entroido. Valorarase a contribución humorística na
actuación.

 

Cada murga recibirá 150 euros como
gratificación pola súa participación.

 

No caso de que a participación
exceda de cinco murgas, celebraranse dúas eliminatorias que terán lugar no Pazo
da Cultura o luns día 7 de marzo e o mércores día 9 de marzo ás 21.00 horas, a
final será o xoves 10 de marzo ás 21.00 horas.

 

Calquera aspecto non contemplado
nestas bases resolverao o xurado. O feito de presentarse ao concurso supón a
aceptación destas bases e mais a conformidade coa decisión do xurado, que será
inapelable.

 

Premios do concurso de murgas

1º Premio 1.200 €

2º Premio 1.050 €

3º Premio 900 €

4º Premio 750 €

 

 

BASES DA MOSTRA DA PARODIA

 

No concurso da Mostra da Parodia
valorarase a orixinalidade e a novidade, tanto dos disfraces como das parodias
que se representen.

 

Cada grupo participante
representará a súa parodia nunha praza ou rúa da cidade, que se decidirá logo
de celebrar o correspondente sorteo.

 

A inscrición para participar nesta
mostra remata o venres 4 de marzo, ás 13.00 horas, no Servizo de Cultura
(Arcebispo Malvar nº 1 ).

 

Os grupos participantes comezarán a
súa representación a partir das 23.00 horas do venres 11 de marzo, no lugar
previamente asignado.

 

Ás parodias sobre camións – góndola
ou grandes plataformas asignaráselles, igualmente por sorteo, un espazo na rúa
de Benito Corbal.

 

A entrega dos premios celebrarase
ás 02.00 horas na praza da Ferraría.

 

 

 

 

 

PREMIOS
XIV MOSTRA DA PARODIA DO ENTROIDO

 

1º Premio 1.300 € + Ravachol 2011

2º Premio 1.000 €

2º Premio 1.000 €

3º Premio 700 €

3º Premio 700 €

3º Premio 700 €

 

 

 

PREMIOS DO
CONCURSO DE FILLOAS

Entre
os participantes sortearase un cheque – compra doado polo Centro Comercial
Urbano-Zona Monumental.

1º Premio 450 € + agasallo.

2º Premio 300 € + agasallo.

3º Premio 180 € + agasallo

4º Premio 120 € + agasallo (á
mellor presentación)

 

ORGANIZA: Radio Voz

PROMOVE: Concello de Pontevedra

COLABORAN: Supermercados Froiz,
Deputación Provincial de Pontevedra, Centro Vialia-Renfe, Centro Comercial
Urbano-Zona Monumental, Novacaixagalicia, alumnos da Escola de Hostalaría
Carlos Oroza, tendas de decoración Loxa, Zapatillaría Lola e escola de baile
Pasos.

 

 

 

 

XORNADAS GASTRONÓMICAS

Distintos establecementos
hostaleiros ofrecerán degustacións e menús típicos do entroido.

 

RESTAURANTE RÚAS: caldo galego,
revolto de grelos e gambas, sopa de cocido caseira; carne ao caldeiro, lacón
con grelos; orellas e flores.

 

ENOTECA BAGOS: caldo de grelos con
tropezón de cacheira, filloas recheas de tona.

 

CONFEITARÍA
CAPRI: filloas cheas de tona, crema ou mousse de chocolate, orellas e flores.

 

BORONA
VINO ET BREAK: sábado: sopa da aboa, lacón con grelos e filloas; martes:
ensalada de polbo con crema de pataca con gulas e trigueiros, codillo asado con
prebe de porto e filloas; sábado de Ravachol: caldo verde, carne o caldeiro e
filloas.