Terrassa: visita

102

A
concelleira de Festas, Anxos Riveiro representou esta fin de semana ao Concello de Pontevedra na
Mostra da Diversidade Cultural de Terrassa. Pontevedra foi unha das cidades
convidadas a esta Mostra xunto a outras cidades como Estepa (Sevilla), Cáceres,
Jumilla (Murcia), Quintanar del Rey (Castela a Mancha), Larache (Marrocos),
Huesca, Linguère (Senegal).

            O
Concello de Terrassa organiza cada dous anos, e dende hai 20 anos, esta mostra
na que participan localidades de distintos puntos do mundo que teñen
representación na sociedade de Terrassa, que é un concello de 215.000
habitantes. Nesta ocasión, a organización escolleu a Pontevedra para participar
como localidade convidada.

            A
mostra ten unha orixe social, xa que comezou de mans das distintas entidades
sociais de Terrassa, e logo colleu o relevo o Concello. Ten por obxectivo
vertebrar á cidade, dar a coñecer Terrassa e as novas sociedades galegas –neste
caso-, “das que Pontevedra é un claro exemplo”, segundo Jaume Girona. En Terrassa
hai 1.200 galegos, que reclamaron que este ano a localidade convidada fose
Pontevedra.

            A
Mostra celebrouse os días 18, 19 e 20 de marzo, e este ano chegou á súa XI
edición. É unha festa da cultura e das tradicións que forman parte do
patrimonio da cidade de Terrasa, das raíces de moitos veciños desta localidade
catalana.

            A
concelleira Anxos Riveiro representou oficialmente á cidade nesta mostra, pero
Pontevedra estivo presente cun stand propio de Terras de Pontevedra. O Concello quixo aproveitar esta ocasión para dar a coñecer tanto a cidade como toda a
bisbarra, e as súas potencialidades turísticas. Tamén houbo produtos propios
de degustación da gastronomía da bisbarra e actuacións musicais propias.

COMPARTIR