Liquidación orzamento 2010

84

O concelleiro de Facenda, Raimundo González Carballo
presentou esta mañá a liquidación do orzamento 2010 que alcanzou os 120 millóns
de euros ao partir dun orzamento de 63 millóns e ao incorporar modificacións por
23,5 millóns e 34 millóns de incorporación de remanentes. Logo de sumar as
obrigas e os gastos autorizados, o Concello consegui executar o 91% do
orzamento.

Raimundo González indicou que o comportamento dos ingresos
propios foi boa, por riba da previsión municipal, pero neste punto fallaron as
transferencias do Estado que baixaron 1,5 millóns de euros, e tamén as
transferencias da Xunta xa que se reduciron as aportacións a certos programas e
outros nin sequera foron subvencionados.

Sobre o capítulo de gastos, o ano 2010 caracterizouse por un
control do gasto corrente e unha inversión de 26 millóns de euros, o que supón “un
moi bo comportamento das inversións”.

Neste momento, o Concello dispón dun remanente líquido de
tesorería de 11 millóns de euros, e está por baixo dos límites de endebedamento
xa que é do 43% cando o límite legal é do 110%.