Maios 2011

97

A Concellaría de Festas, que xestiona Anxos
Riveiro, organiza este venres e sábado, 15 e 16 de abril, unha demostración da
construción dun maio. En colaboración coa asociación cultural de Campañó, a
praza da Ferraría acollera esta exhibición o venres a partir das 16,30 horas e
o sábado todo o día, a partir das 11,00 horas.

Nesta exhibición amosarase como se constrúe un
maio, como se compoñen as coplas, cal é a disposición dos nenos que as cantan…
e todo o que ten que ver coa festa do maio, que Pontevedra celebrará o vindeiro
1 de maio.

O Concello de Pontevedra convoca a todos os nenos e
nenas, mozos e mozas, asociacións culturais, veciñais e xuvenís a participaren
no concurso de Maios que se vai a celebrar o día 1 de maio ás 11:00 horas na
Praza da Ferraría, de conformidade coas seguintes:

BASES

Poderán participar todos os grupos, asociacións,
centros educativos, etc., que estean inscritos na Casa do Concello de
Pontevedra antes das 13:00 horas do día 29 de abril de 2011.

No intre da inscrición deberán presentar 10 copias
dos cantares xunto cunha solicitude na que conste, a lo menos, o nome, DNI e
enderezo do solicitante.

Os maios concursantes terán dereito á tradicional
rosca e a unha gratificación de 150 €, agás que o xurado o descualifique por
non cumprir as presentes bases.

O xurado estará integrado por un representante de
cada un dos grupos políticos con representación municipal, e un máximo de catro
persoas de recoñecida traxectoria no coñecemento e valoración da Festa dos
Maios de Pontevedra.

Os maios participantes deberán presentarse ao
xurado na Praza da Ferraría ás 11:00 da mañá. O concurso dará comezo ás 11:30
horas coa “Benvida ao maio”. As actuacións realizadas polos maios na Ferraría
antes do comezo poderán ser valoradas polo xurado nas súas puntuacións.

O xurado emitirá o seu veredicto a través da suma
das puntuacións dos seus membros, obtidas polos maios en cada modalidade. O
xurado seguirá, para as súas puntuacións, os seguintes criterios:

O maio será tradicional de Pontevedra, de forma
cónica, de entre 1,5 e 2 metros de altura aproximadamente, adornado con
productos tradicionais (fiúncho, pampillos, margaridas, laranxas e ovos). Tamén
se aceptarán, por ser tamén de tradición local, cartuchos (calas, camelias,
rosas silvestres e bandeiriñas de papel. Calquera outro elemento de adorno será
penalizado.

Os materiais que compoñen a estructura non serán
visíbeis a non ser os pés de maio e as andas, que serán de madeira.

Serán valorados elementos de tipo técnico (como a
uniformidade do manto de fiúncho, a elaboración uniforme das coroas de
pampillos, margaridas e laranxas, etc.) e artísticos (a distribución dos
adornos no maio, a composición de formas e cores, etc.).

A coroa, no caso de presentarse, non deixará ver os
materiais da estructura. Podrá presentarse como remate do maio, ou mellor (por
ser tradición en Pontevedra) en estructura á parte enriba dun pé de madeira.

Valorarase
a composición de formas e cores, así como o motivo que represente.

Nas cantigas valorarase a retranca, a composición,
o ritmo e a linguaxe utilizados. Penalizarase o uso de palabras malsoantes e o
uso de coplas copiadas de anos anteriores.

Na interpretación valorarase o emprego do canto
tradicional do maio de Pontevedra, así como a entoación, ritmo e voz dos
actuantes. Tamén se valorará o uso dos materiais de acompañamento (paos de man
ou estadullos).

Quedarán á interpretación do xurado todos aqueles
aspectos non contidos nos presentes criterios.

O dictame do xurado será inapelábel.

As letras dos maios premiados poderán ser
publicadas polo Concello de Pontevedra, citando a procedencia e sen que os seus
autores teñan dereito a percibir ningunha cantidade.

A orde de actuación dos maios será elexía po
sorteo, antes do comezo das interpretación.

Trala entrega dos premios, o maio gañador realizará
no palco unha nova actuación.

Os premios serán os seguintes:

Premio ao maio 350,00 €

Premio ao maio 300,00 €

Premio ao maio 250,00 €

Premio ás cantigas 350,00 €

Premio ás cantigas 300,00 €

Premio ás cantigas 250,00 €

Premio á interpretación 350,00 €

Premio á interpretación 300,00 €

Premio á interpretación 250,00 €

Premio á coroa 350,00 €

Premio á coroa 300,00 €

Premio á coroa 250,00 €

 

Premio especial para centros escolares 400,00 €

Premio especial para Maios (figura)

 

A participación no concurso supón a aceptación das
presentes bases.