Tesela

89

O sinxelo acto de clausura consistiu nunha breve intervención de Margarita Castejón, a visita aos traballos do obradoiro téxtil e unha entrega de diplomas.
A iniciativa centrouse na mellora das competencias sociopersoais dos participantes, tratando de mellorar as súas aptitudes fronte ao mercado laboral e adaptando todas as actividades ao perfil dos participantes, persoas con carencias que precisan de de adestramento en distintas áreas. O plan inclúe un itinerario formativo e un seguimento individual, a través de titorías, para apoiar o reforzo na mellora das competencias, ao tempo que se contribúe á adquisición da autonomía persoal necesaria para abordar un proceso de incorporación social e laboral consciente e responsable.
O itinerario formativo materializouse a través dun taller de reciclaxe téxtil, que comezou o 26 de xaneiro e rematou hoxe. Deseñando e elaborando complementos a través da recuperación de roupa usada, melloráronse os hábitos de cumprimento e as habilidades relacionais, así como o fortalecemento da autoestima. En total impartíronse 105 horas de formación.
A posta en marcha do programa “Tesela” foi adxudicado polo Concello á fundación social Emaús cun orzamento de 17.986 euros e desenvolveuse nas instalacións municipais da Casa Azul.