Servizos Sociais

103

O custo total dos Servizos Sociais Municipais durante o ano 2011, segundo a documentación elaborada pola Concellería de Benestar Social, ascenderá a 2.695.218,22 euros polo que a achega municipal, descontada a subvención da Xunta, deberá chegar a 1.647.596 euros.
O reparto dos distintos conceptos de gasto é o seguinte:
Persoal: 740.316,04 euros.
Axuda no Fogar (programa básico): 516.762,00 euros.
Axuda no Fogar (persoas dependentes): 549.900,00 euros.
Xestión de Programas (Información, valoración e orientación; Familia e convivencia; Prevención e Inserción Social; Promoción e Cooperación Social): 637.754,70 euros.
Investimentos: 226.485,48 euros.
Plan de Desenvolvemento do Pobo Xitano: 24.000 euros.
Na proposta aprobada hoxe pola Xunta de Goberno Local déixase claro que a solicitude supón a prórroga da subvención concedida en 2010, se ben inclúe os incrementos correspondentes ao aumento de persoal asumido polo Concello e ás novas incorporacións de usuarios ao Servizo de Axuda ao Fogar.