Informática para maiores

79

O curso, que é de balde, comezará o próximo 1 de xuño, pero o prazo de inscrición estará aberto entre o próximo luns, 2 de maio, ata o día 13.
A concelleira Margarita Castejón destaca que a iniciativa é unha máis a prol da igualdade. Engade que é que as persoas maiores dispoñan tamén de medios axeitados e adaptados ás súas capacidades específicas para ir aproximándose ás novas tecnoloxías que, en moitas ocasións, sonlle completamente alleas.
Entre os obxectivos figura a introdución no manexo básico do ordenador, introducirse nos conceptos de sistema operativo e de Internet, con especial atención ao correo electrónico, chat, blogs, redes sociais, seguridade, compras, etcétera.
Hai 18 prazas dispoñibles, polo que é importante acudir canto antes. Esíxese presentar o DNI e documentación de empadroamento, pois está limitado ás persoas empadroadas en Pontevedra.
Ofrecerase na aula de Informática da área de Benestar Social, na rúa de Sor Lucía 2, primeiro andar. O horario será de luns, mércores e venres, de 9.30 a 11.00 horas. A duración é de dous meses.