Modificación crédito antes das eleccións

93

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá unha modificación de crédito de pouco máis de 9 millóns de euros destinada -no seu 90%- a investimentos. Así o anunciou o concelleiro de Economía e Facenda, Raimundo González quen manifestou que esta modificación será aprobada no pleno da Corporación que se celebrará, probablemente, o vindeiro xoves, 12 de maio.
Raimundo González explicou que esta modificación de crédito explícase enmarcada dentro dun contexto de crise económica, no que non se poden parar obras xa comprometidas, aprobadas ou en marcha por parte da administración local. De feito, Raimundo González asegurou que “é unha boa nova inxectar 9 millóns de euros na economía pontevedresa”.
O Concello de Pontevedra rematou o pasado exercicio cunha remanente de tesourería de 11 millóns de euros, dos que agora se inverten 9, polo que “Pontevedra é un concello con posibilidades”, asegurou González Carballo.
Os investimentos serán para facer fronte a compromisos xa existentes como:
• 1,8 millóns para o convenio da rede de sumidoiros
• 1,4 millóns para a Ponte das Correntes
• 650,000 euros para as expropiacións de Pasarón
• 658.000 euros para a rotonda de Rosalía de Castro
• 353.000 euros para a última fase da canceira
• 400.000 euros para a musealización de Santa María
• 384.000 euros para as rúas Violiña e San Telmo, no casco vello
• 225.000 para zonas verdes
• Investimentos para facer fronte aos convenios coa Deputación para a construción dos campos de fútbol de Monte Porreiro e Marcón
• 160.000 euros para o Campionato de Europa de Triatlón
• 100.000 euros para a Vuelta Ciclista a España…

COMPARTIR