Curso de español

82

Margarita Castejón destacou a importancia desta iniciativa, que é un fermoso exemplo de colaboración e de compromiso por parte dun grupo de profesores xubilados (maioritariamente mulleres) de Educación Primaria e Secundaria e que dedican parte do seu tempo libre a axudar aos inmigrantes.
O curso, que se celebra nunha aula do instituto Sánchez Cantón, comezou o pasado 19 de outubro e, aínda que son 25 as persoas que remataron todo o programa previsto, hai outras 40 persoas que se incorporaron xa iniciado e que, por elo, recibirán un certificado de asistencia correspondente ás datas nas que teñen asistido ás clases.
Entre os participantes predomina o colectivo de senegaleses, que constitúe preto da metade. Son todos eles vendedores ambulantes. Hai tamén un grupo de chineses, ganeses, brasileiros, algún marroquí e unha rusa.
Miguel Ángel Vilacoba, de CC OO, agradeceu o esforzo dos 14 profesoras participantes e subliñou o interese de todos os inmigrantes que rematan agora o curso. Indicou que ao longo do curso chamou a atención a importante incorporación de chineses producida a partir do mes de xaneiro.
O sindicato organiza o curso, o instituto cede o espazo e a Concellería de Benestar Social achega o material didáctico que serve de soporte para o ensino do idioma.

COMPARTIR