Chalé Fontoira obras

92

Os traballos, adxudicados á empresa Ediserpo por un importe de 226.485,48 euros, afrontan a recta final. Margarita Castejón considera que o edificio experimentou unha importante mellora nas súas condicións de habitabilidade, eliminando as barreiras arquitectónicas. Ademais optimizouse a relación cos usuarios, que, a partir de agora, gozarán de maior discreción ao contar con espazos individuais de atención.
As actuacións realizadas consisten na dotación dunha nova entrada de acceso ao edificio moito máis cómoda e funcional a nivel coa rúa Jofre de Tenorio; dotación de ascensor; redistribución dos espazos interiores; dotación de novas instalacións de fontanería, electricidade, iluminación e protección contra incendios e, finalmente, eliminación das humidades e filtracións procedentes da cuberta.
O chalé está distribuído nun andar semisótano, andar baixo, primeiro e un pequeno espazo ocupado polo torreón. A superficie total chega aos 660 metros cadrados.
Coa reforma que se realiza a atención ao público realizarase, a partir da nova entrada, no andar baixo. Alí haberá unha zona central de recepción e, perimetralmente, estarán as distintas unidades de traballo social e primeira acollida. No semisoto estarán algúns despachos e unidades administrativas, ademais de aseos, arquivo, cuartos auxiliares e almacén. No andar primeiro estará outra unidade administrativa e os despachos da Concellería, Dirección Xeral e Xefatura de Servizo. Finalmente, o andar correspondente ao torreón, con 30 metros cadrados, aprovéitase para a sala de xuntas.
As obras conservan integramente as fachadas e a propia configuración do edificio que foi trasladado hai varias décadas polo Concello dende a súa antiga situación na esquina entre as rúas de Cobián Roffignac e do Rouco.
O chalé de Fontoira dedicarase, a partir de agora, en exclusiva aos Servizos Sociais, dado que os servizos de Cultura, Padrón e unha oficina sindical foron resituados noutras dependencias municipais.

COMPARTIR