Premios

71

No concurso participaron sobre 1.200 alumnos de Primeiro a Cuarto de Educación Secundaria dos institutos de Pontevedra. A elaboración dos carteis supón o fin do traballo preventivo que se fixo cos rapaces ao longo de todo o curso. Os traballos estiveron expostos na entrada da Casa do Concello ata hoxe.
Entregáronse 10 premios que corresponderon aos institutos da Xunqueira I, Xunqueira II, Praceres, Luís Seoane, Sánchez Cantón, Valle Inclán, Calasancio e Frei Martín Sarmiento. Os gañadores dos primeiros premios obtiveron un iPod Shuffle; os segundos, un bono para compra de música e, finalmente, os gañadores dos accesits fixéronse cun bono para libros.