Contestación carta RAG por Valentín Paz Andrade

81

O Concello de Pontevedra recibiu a pasada semana unha
comunicación do presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, na
que contesta á misiva do alcalde na que pon a disposición da RAG o Concello de
Pontevedra para celebrar o Ano Paz Andrade, con motivo da homenaxe das
vindeiras Letras Galegas ao insigne pontevedrés.

 

Na carta, Méndez
Ferrín agradécelle en nome da Real Academia Galega “o voso xeneroso convite
para a celebración das Letras Galegas na honra de Valentín Paz Andrade”. E
lembra “a grata velada de homenaxe a Xoán Manuel Pintos en Pontevedra, que
resultou extraordinaria, en gran parte pola elegancia e agarimo con que nos
recibistes”.

 

O presidente da RAG
lembra que “o lugar onde se vai a celebrar o acto do ano 2012 non se
determinará ata o plenario que se celebrará a primeiros do ano que vén. De
calquera xeito, a Academia valora moi positivamente a vosa iniciativa e non
deixará que o Ano Paz Andrade pase desapercibido na súa cidade natal”.