Festa da anguía: 2011

74
O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e o presidente da Asociación de Naseiros Alvedosa, Antonio Álvarez Freijanes presentaron esta mañá a XVI Festa da Anguía que se celebrará esta fin de semana na parroquia de Ponte Sampaio.

Fernández Lores resaltou que “é a festa gastronómica máis importante do Concello que pon en valor a ría de Vigo, e da que viven 33 familias”.

Antonio Álvarez Freijanes indicou que o 95% da produción destínase a Portugal, “e aínda que non temos problemas de vendas, nos gustaría que se consumise máis na zona”. A produción actual sitúase entre 40.000 e 25.000 kilos, a un prezo de 12 euros o quilo. De todos os xeitos, a produción varía en función do tempo e tamén da veda, que é de novembro, decembro e xaneiro.

Nesta edición, a anguía de ouro darase ao concelleiro Raimundo González Carballo “porque foi o primeiro concelleiro da parroquia e polo apoio que lle deu a esta festa”.

A festa cociñará 750 quilos de anguía que será a 3 euros a ración e a 6 euros a cazola de anguía (a cazola será de regalo). Farase en empanada, en fideos con ameixa, fritas con pementos de padrón e en escabeche.