Presentación de Carme ás asociacións

81

A concelleira de Benestar Social
Municipal, Carme Fouces mantivo esta mañá as  primeiras reunións cos colectivos relacionados co mundo
Social para presentarse como nova responsabel desta área, coñecer o seu
traballo e as súas inquedanzas e demandas.

 

As
reunións desta mañá foron con Amizade-Cogami e coa asociación Xuntos, pero a
concelleira continuará durante esta semana e a vindeira con outros encontros
para coñecer persoalmente a todos os colectivos que traballan no eido Social no
municipio de Pontevedra.

 

Carme
Fouces quixo escoitar as súas demandas, coñecer a visión que eles teñen dos
servizos sociais e como lles gustaría que funcionase a área de Benestar Social
Municipal que agora lle compete. A concelleira aseguroulles que pretende que a
colaboración que manteñan sexa “áxil e efectiva”.

 

Aproveitou
a súa estancia nas sedes das dúas asociacións para coñecer o seu traballo.

COMPARTIR