Primeiras medidas da política económica para todo o mandato: 2

80
O concelleiro de Economía e Facenda, Raimundo González Carballo presentou esta mañá á Xunta de Goberno Local un informe para a racionalización, contención do gasto e dinamización do Concello de Pontevedra, que foi aprobado.

Neste informe, ademais da reducción de 1,5 millóns anuais de gasto corrente que o concelleiro presentou a pasada semana, tamén inclúe “a reorganización do persoal do Concello, para que sen merma da calidade dos servizos se organicen de tal forma que se amorticen ou supriman postos e prazas que sexan susceptibles de amortización”. Ademais inclúe que “se suprimirá de forma importante a figura dos directores xerais”.

Tamén “aquelas prazas que sen estar cubertas, se podan cubrir polo resto de funcionarios do Concello”, asegurou Raimundo González quen entende que suporá unha reducción de 500.000 euros (2 millóns en catro anos).

Toda esta reorganización estase a traballar e previamente será presentada á Xunta de persoal para ser negociada.

Entre as actuacións concretas que permitirán reducir o importe dos gastos débense destacar as seguintes:

  • Supresion do servizo Pilla-bici dado que xa cumpriu a sua funcion.
  • Transferir a Deputacion o Centro de Interpretacion das Torres Arcebispais
  • Subscribir un convenio coa Deputacion e a Xunta para aproveitar os recursos de turismo.
  • Reducir, e no seu caso, suprimir os servizos impropios, esixindo a Xunta ou a Administracion que lle corresponda a asuncion dos que sexan da sua competencia.
  • Reestruturacion dos servizos de parques e medio ambiente natural.

O concelleiro de Economia e Facenda indicou esta maña que estas e outras medidas permitira facer un plan de investimento de 30 millons de euros para catro anos, que poderia chegar aos 50 millons en funcion dos ingresos.