Comisión de facenda: aprobadas primeiras medidas

84
A unanimidade foi o resultado de someter á consideración da Comisión de Facenda o Plan de Racionalización administrativa, contención do gasto e dinamización municipal presentado onte polo concelleiro de Facenda, Raimundo González Carballo.

A reunión dos representantes económicos dos grupos municipais celebrouse esta mañá na Sala de Comisións do Concello, donde quedou aprobado este plan para adaptar a vida económica municipal á situación de crise que atravesamos.

González Carballo destacou o feito de que se limitan os gastos que resultan prescindíbeis, co que se garante o funcionamento do Concello non só agora mesmo, senón de cara a un futuro próximo, de previsións económicas máis duras.