Feira Franca 2011: inscricións

116

 

O
rexistro de participación na Feira Franca pechou esta mañá o prazo de
inscrición e fíxoo cun novo record de participación nos doce anos de
organización desta festa de época. A oficina instalada na rúa Alfonso XIII
recibiu 255 reservas de ceas e xantares; máis de100 inscricións para participar
nos mercados; e 100 solicitudes da hostalería.

 

Dende
hoxe a Concellaría de Festas traballa en valorar os espazos para ubicar todas
estas peticións no ámbito tradicional da Feira Franca.

 

A Feira Franca 2011 celebrarase o 2 e 3 de setembro (venres
e sábado) e terá como fío conductor “O comercio na Pontevedra de finais do XV e
principios do XVI”. O obxectivo é destacar a importancia do comercio na que era
a cidade máis populosa de Galicia. Síntoma da súa vida social e do seu
dinamismo, ao que contribuían elementos como o porto das Corvaceiras, a ruta
dos Arrieiros e, mesmo, o camiño de Santiago.