Visita concelleira

70

A Concelleira de Benestar Social
Municipal, Carme Fouces visitou esta mañá as instalacións da Gardería de Monte
Porreiro e mantivo un encontro coa traballadora social de Monte Porreiro para
coñecer as necesidades do barrio en relación á gardería.

 

Carme
Fouces comprobou que a gardería está nunhas condicións excelentes e totalmente
equipada para entrar en funcionamento de inmediato. No acordo entre o Concello
e a Consellería de Traballo e Benestar, o Concello tiña que construír a
instalación e a Xunta dotala de mobiliario e persoal. O Concello xa se adiantou
a instalar grande parte dese mobiliario (está todo o destinado para o uso e
coidado dos nenos), e agora falta que a consellería dote de persoal as
instalacións.

 

Carme
Fouces empraza á Benestar a que modifique as súas previsións de abrir a
matrícula para o mes de xaneiro de 2012, e abra ese prazo canto antes. A
concelleira considera que a gran demanda que hai na zona obrigaría a abrir a
matrícula a primeiros do vindeiro curso escolar, no mes de setembro.

 

Ás
peticións da concelleira sumarase a reserva dalgunhas prazas para emerxencias que
ata o de agora se cubrían coa gardería Dálmatas que pechou as súas portas.

 

A nova
escola infantil, construída ao 100% con fondos municipais, tivo un custe de
575.000 euros e terá capacidade para 61 nenos de 0 a 3 anos, repartidos en
catro unidades de 0-1, 1-2 e de 2-3 anos. A superficie construída é de 454
metros cadrados.