Asfaltado Manuel del Palacio

130
A Policía Local habilitou un plan especial de tráfico para facilitar o tránsito de vehículos nas rúas Manuel del Palacio e Fernández Ladreda con motivo do asfaltado de ambas rúas entre mañá e o xoves.

O plan de asfaltado é o seguinte:

Martes, 2 de agosto: fresado de Manuel del Palacio entre as 05.00 e as 8.30 horas. Ás 06.30 horas comezará o aslfatado. O tráfico de entrada será desviado cara San Roque e o de saída cara a estrada vella de Marín. A partir das 8.30 horas abrirase ao tráfico e haberá cortes alternativos e desvios ben polo centro ou polas rúas laterais en función dos traballos de asfaltado.

Mércores, 3 de agosto: fresado e asfaltado da rotonda de Rosalía de Castro. Será preciso o peche total da rotonda dende as 6.30 horas e ata finalizar a xornada. O tráfico de saída dende Fernández Ladreda cara a rúa Xeneral Rubín, Raíña Vitoria, San Roque e Corvaceiras; tráfico de entrada: desvío Corvaceiras, San Roque e Raíña Vitoria.

Xoves, 4 de agosto: asfaltado de Fernández Ladreda pero estará permitido o tráfico en ambos sentidos, aínda que poderá haber cortes alternativos.