Comeza a primeira das diversas xornadas de teatro infantil no Teucro

71

O
día de Santa María vén cargado de actividades para tódolos
públicos, pero cabe destacar a primeira das xornadas de teatro para
nenos que se desenvolverán ao longo de toda a semana. A cita será
ás 19:30 horas na Praza do Teucro.

A
empresa Barafunda Animación, a cal conta cunha ampla experiencia no
sector da animación cultural e do ocio creativo, representará 
“As aventuras de Lila e Lolo”. Trátase dun espectáculo
interactivo protagonizado por dous paiasos, onde pequenos e non tan
pequenos gozarán das súas aventuras e desventuras, nunha constante
sucesión de gags cómicos. Un espectáculo onde a risa e a sorpresa
están aseguradas.

Pero
para ir animando aos cativos antes desta representación, estes
poderán gozar de diversos xogos populares que se realizarán na
Avenida de Santa María. Os xogos comezarán arredor das 17:15 e
terán unha duración de dúas horas aproximadamente, en función da
participación. Con estas actividades os nenos, e os que non o son
tanto, poderán coñecer e practicar xogos e deportes tradicionais,
valoralos como parte do patrimonio cultural e gozar dunha alternativa
no seu tempo de ocio, pero sobre todo divertirse xogando. Os xogos
nos que poderán participar son os seguintes: o pano, o brilé, xogo
da ra, aro guía, zancos, xogos con cordas, carreiras de sacos, bolos
celtas, ringo-pica e xogos cooperativos con paracaídas.

Logo
destes eventos máis dirixidos ao público infantil, chega unha
exhibición de bailes de salón a cargo da Escola de Baile Pasos.
Será na Ferraría e constará de dúas partes:

      
Bailes
standard, que son aqueles de corte máis clásico, coma o tango, o
slow ou o vals inglés e vienés.

      
Bailes
latinos, que comprenden o chachachá, a samba, a rumba, o pasodobre e
o jive.

Na
exhibición participarán as mellores parellas de Galicia e os
actuais Campións de España de Standard, Adrián Esperón e Patricia
Martínez. Asimesmo, bailarán Cristian e Claudia Álvarez, a parella
de irmáns pontevedreses que recibiron o título de Campións de
Standard a nivel autonómico.

           
Tras esta
magnífica demostración de baile, a cita trasladarase á Praza de
España, onde actuará ás 22:30 un dos artistas máis consolidados
do panorama español: Sergio Dalma. 1991 é o ano da consagración
deste cantante coa saída do seu segundo disco
Sintiéndonos
la piel”, no que se inclúe o tema “Bailar pegados”, que
representou a España no Festival de Eurovisión, quedando en cuarta
posición. Este feito constituíu unha boa plataforma de lanzamento a
nivel internacional. Sergio Dalma recibiu numerosos premios: o World
Music Awards en Europa, Mellor Solista Masculino en España, premios
en América, varios discos de platino, etc. Na nosa cidade presentará
o seu último traballo, “Vía Dalma”, onde se recolle por
primeira vez unha recopilación de grandes éxitos italianos cantados
en español.

           
Para finalizar a
velada, á medianoite haberá un espectáculo pirotécnico no Peirao
das Corvaceiras, da man da empresa Xaraiva, que empregará a última
tecnoloxía en máquinas de disparo: as máquinais dixitais, as cales
proporcionan unha maior precisión e efectos innovadores.

            Outros
acontecementos dos que poderemos gozar durante esta xornada son os
seguintes: A partires das 11 horas da mañá na Avenida de Santa
María darán comezo as tradicionais “Simultáneas de xadrez” por
parte da Escola de Xadrez Pontevedra. Ás 12 horas comezará a
actuación do grupo Xoldra polas prazas e rúas da cidade. Media hora
despois haberá unha misa solemne coa posterior procesión de Santa
María. A charanga Apeles iniciará un pasarrúas ás 13 horas e
outro pola tarde, ás 18 horas. Ás 13:30 horas, a Banda de Salcedo
ofrecerá un concerto na Avenida de Santa María. Xa pola noite, ás
23 horas na Praza Gremio de Mareantes, dará comezo a verbena de San Roque coa orquestra Costa
Blanca e unha hora despois amenizará a festa a orquestra Almíbar,
na Gran Vía de Montero Ríos.

COMPARTIR