13 operarios traballarán esta tarde na recollida de residuos da Batalla de Flores

73

Con
motivo da tradicional Batalla de Flores, que se celebrará esta tarde
a partir das 19 horas, a Concellaría de Servizos, xestionada por
Carme da Silva, preparou un operativo especial de limpeza para a
recollida do lixo ocasionado, que se centrará en tres rúas:
Loureiro Crespo, Uxío Novoneira e Eduardo Pondal.

A
empresa Cespa, concesionaria do servizo de recollida de lixo e
limpeza da cidade, destinará a 13 empregados (1 xefe de servizo, 1
encargado, 1 xefe de taller e 10 operarios) para este servizo, que se
iniciará xa a partir das 15 horas.

A
distribución do servizo será:

– 3
operarios a pé

– 2
sopladoras

– 5
varredoiras

Aproveitando
o desaloxo e os cortes das rúas que levará a cabo a policía, o
operativo de limpeza comezará a súa actividade limpando os bordes
das beirarrúas, baleirando papeleiras e contedores, baldeando
beirarrúas para evitar o polvo cando empreguen as sopladoras logo do
paso das carrozas, etc. Despois desta labor inicial, o operativo
concentrarase tralo desfile para ir deixando todo o percorrido limpo
antes de que se abran as rúas e se restableza o tráfico.

COMPARTIR