A Concellaría de Festas confirma o bo estado dos fogos de artificio que se tirarán esta noite

69

A
tirada de fogos que ía poñer punto final ás Festas da Peregrina
tivo que suspenderse por mor do mal tempo. Despois de que varios
técnicos comprobaran o perfecto estado dos mesmos, o espectáculo
pirotécnico celebrarase ás 24 horas desta noite.

Desde
a Xunta de Goberno Local, celebrada esta mañá, fíxose un
recoñecemento expreso a tódalas persoas que colaboraron durante a
celebración destas festas: policía, bombeiros, protección civil,
Cruz Vermella, servizos de limpeza, de augas… En definitiva, en
torno a 300 persoas que traballaron durante todo o día, tódolos
días, para que os demais puidéramos disfrutar dunhas magníficas
festas.

Valorouse
tamén o gran éxito de participación nas mesmas, especialmente nos
actos que se desenvolveron nos tres puntos clave: Praza do Teucro,
Praza de España e Ferraría. Con respecto aos concertos da Praza de
España, a concelleira afirmou “a pesar de ser un espazo tan amplo
quedábase pequena con tanta xente”.

A
concelleira lembrou de novo a ausencia de incidentes reseñables
durante a Semana Grande. Os incidentes que se produciron non foron
máis alá do normal nas aglomeracións deste tipo. Nesta fin de
semana, na que se extremaron as medidas de seguridade pola afluencia
de xente, atendéronse persoas por cortes nos pés e algún
accidentado por pelexas que foron rapidamente neutralizadas pola
policía. O máis importante é que os incidentes que se produciron
foron moi poucos e non de gravidade, tendo en conta a gran cantidade
de xente que encheu as rúas.

Cabe
salientar que o servizo de limpeza recolleu un total de 8 toneladas
de lixo cada día das festas e que a maior cantidade de residuos
procedían do entorno da Alameda-Praza de España.

O
temporal

Na
madrugada de onte, a Concellaría recibiu un parte de alerta laranxa
por fortes chuvias. En seguida, por parte do Concello se activaron os
protocolos de emerxencia e reforzáronse os servizos da policía,
bombeiros, protección civil, Cespa e Aquagest, poñendo en marcha un
dispositivo para atender as posibles incidencias. O tempo empeorou a
partires das 23:30 horas e actuaron fundamentalmente os bombeiros e o
servizo de augas por pequenas inundacións nas rúas Eduardo Pondal,
Rosalía de Castro, Fernando Olmedo, na Avenida da Estación, nas
Corvaceiras, entre outras. Producíronse debido fundamentalmente a
que os sumidoiros non podían absorver tanta cantidade de auga. Pero
ás 02:30 da madrugada os bombeiros informaron de que todo estaba
controlado. Só se produciu un accidente de importancia, ás 00:30
horas na rúa Eduardo Pondal. Este foi un atropelo, provocado pola
forte chuvia e a pouca visibilidade, que tivo como consecuencia unha
persoa ferida leve e outra que foi desprazada ao hospital pero
atópase ben.

O
protocolo segue activado na xornada de hoxe e estanse a revisar as
rúas onde houbo algún problema para garantir que se atopan en
perfecto estado.

Unha
vez máis, Carme da Silva quixo agradecer a toda a xente a súa
participación nestas Festas da Peregrina, e agarda que se siga
gozando delas nos vindeiros anos.