A concelleira de Festas e o grupo Os Chichisos presentaron a XI Festa do Demo

54

A
concelleira de Festas, Carme da Silva, presentou esta mañá a XI
Festa do Demo, xunto con dous integrantes de Os Chichisos, grupo de
música tradicional que actuará na Foliada do Demo. A Festa comezará
xa a partir das 12:30 horas de mañá e a Foliada celebrarase ás
21:30 horas na Praza da Pedreira.

Os
Chichisos informaron de que como esta Festa naceu a mediados do
século pasado, coa Foliada preténdese rememorar as verbenas que se
facían nesa época. Deste xeito, o escenario será baixo, acorde co
daquel momento, estará decorado con elementos como luces de cores e
bandeiriñas e non haberá amplificación de son. Ademais, os músicos
irán vestidos ao estilo dos anos 50 e alentan a toda a xente a
caracterizarse así.

Animamos
a todo o mundo a participar”, declarou Carme da Silva. Se o tempo
acompaña, a Foliada celebrarase na Praza da Pedreira coma tódolos
anos pero en caso de choiva trasladarase aos Soportais.

COMPARTIR