Días festivos

103

 

O Concello ratificou os festivos locais para o ano
próximo, na Comisión de Cultura, Festas e Política Social celebrada esta mañá.
Acordouse por unanimidade designar os dous días festivos que se habilitan cada
ano, a non ser que estes cadren en domingo, caso no que se elixen outros. Estes
son o 22 de febreiro, Mércores de Cinza, e o 11 de xullo, día de San Bieito.
Unha vez que este acordo sexa aprobado polo pleno farase efectivo.

 

Falando de festividades, cabe lembrar que na
xornada de hoxe estase a celebrar a XI Festa do Demo, que conta coa seguinte
programación: Ás 12:30 horas o Demo e o seu séquito saen dos Arcos de San
Bartolomeu para percorrer as rúas e prazas do centro histórico.
Posteriormente,
ás 20:00 horas a comitiva do Demo sairá de novo á rúa para seguir cometendo
trasnadas e burlas. A partires das 21:30 horas dará comezo unha gran verbena ao
estilo dos anos 50, a Foliada do Demo, cos seguintes grupos de música
tradicional: Atalúns, Zurrumalla e Os Chichisos.

 

A programación festiva deste verán pontevedrés chegará á súa fin a semana
próxima coa Feira Franca, que se desenvolverá durante os días 2 e 3 de
setembro.

COMPARTIR