O Demo volve a Pontevedra en busca de almas para levar ao inferno

64
      O actor Miro Magariños volverá meterse na pel do Demo e percorrerá as rúas de Pontevedra en busca de novas almas para levar ao inferno. Será hoxe martes, 23 de agosto. Este evento tradicional da cidade foi recuperado polo Concello once anos atrás logo de extinguirse fai máis de medio século.

      A historia remóntase a mediados do século XX en Pontevedra, cando un veciño chamado Dominguiños, coñecedor dunha lenda sobre o Demo e San Bartolomeu (ambos tiñan unha desputa por conseguir máis almas), saía á rúa disfrazado de diaño a véspera de San Bartolomeu, disposto a facer trasnadas.

      A xornada comeza ás 12:30 da mañá coa saída do Demo e o seu séquito dos Arcos de San Bartolomeu para percorrer as rúas e prazas do centro histórico. Posteriormente, ás 20:00 horas a comitiva do Demo sairá de novo á rúa para seguir cometendo trasnadas e burlas.

      A partires das 21:30 horas dará comezo unha gran verbena, a “Foliada do Demo”, cos seguintes grupos de música tradicional: Atalúns, Zurrumalla e Os Chichisos. O primeiro deles é un grupo experimentado con gaitas, acordeóns, percusión e pandereteiras. O segundo grupo, Zurrumalla, nace coa intención de profundizar no estudo da música tradicional galega e pretende facer de cada actuación unha festa popular. Por último, Os Chichisos xorde da unión dun grupo de amigos con inquedanzas musicais, movidos polo seu interese na conservación e difusión da nosa tradición musical.

COMPARTIR