Parque infantil Maruxa Mallo

87
      O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e a nova concelleira de Parques, Anxos Riveiro, visitaron na mañá de onte o remocicado parque infantil da rúa Maruxa Mallo, no barrio de A Parda. A instalación precisaba unha actuación integral xa que o paso do tempo e o seu uso facían necesaria unha reforma.

      Cun orzamento de máis de 25.000 euros reparáronse e pintáronse todos os elementos do parque e colocouse un novo solo de caucho a toda a área infantil. Tamén se tratou o valado perimetral e se mellorou o acceso ao propio parque.

      Esta é a primeira actuación da concellaría de Parques, agora na mans de Anxos Riveiro, e está pendente a actuacións de mantemento e conservación noutros espazos infantís como o parque de Barcelos, que comezará nos vindeiros días.

      O parque de Maruxo Mallo ten uns seis anos de antigüedade e non estivo incluído dentro das actuacións do Plan director de parques infantís que executou o Concello dende hai catro anos, porque naquel momento atopábase en perfectas condicións dada a súa recente creación. Durante estes anos fóronse facendo pequenas reparacións, pero agora xa era preciso unha intervención de máis importancia.

      A aposta da concelleira Anxos Riveiro é seguir conservando a calidade dos espazos infantís da cidade con traballos de mantemento, ampliación, reparación ou, incluso, reformas integrais –como neste caso- se fose necesario. Tamén se estuda a posibilidade de crear novas áreas en distintas partes da cidade, como na zona monumental, pero aínda se está a analizar este punto.