Comezo traballos tras festas

83

As obras de remodelación da Illa
do Cobo entra na súa última fase de execución. Logo un pequeno paro con motivo
das festas locais, a empresa comeza nestes días coa creación da nova praza de
entrada ao parque, coa creación das sendas de paseo máis próximas ao río e a
instalación do módulo de servizos.

 

Os
traballos de construción dos gavións de contención da Illa xa están rematados,
e tamén o acondicionamento do terreo máis próximo ao río, polo que a empresa
comeza nestes días coa creación dunha senda neste novo espazo de máis de 3.000
metros cadrados, pola parte baixa da Illa e a máis próxima ao río.

 

Está
pensada como unha zona de paseo, peonil, de estancia e descanso, máis que
deportiva ou de bicicleta. Terá tres accesos distintos: dúas rampas e unhas
escaleiras de catro metros de ancho, todos eles ao longo de todo o trazado.
Discurrirá por bosque de ribeira (algúns exemplares xa existen e o resto do
espazo repoblarase con especies autóctonas e propias deste habitat) para
observar o río de preto. Tamén se instalará mobiliario urbano para o descanso.

 

Un dos
obxectivos da remodelación da Illa do Cobo é achegar ao visitante ou usuario á
agua, tanto ao propio río como ao canal, ao ser a auga un elemento relaxante e
propio da vida de Pontevedra. Neste mesmo sentido, a empresa xa acondicionou un
acceso á auga na parte traseira do novo campo de fútbol de herba sintética.
Tamén está rematado o acceso á Illa dende a Escola de Fisioterapia.

 

Estes
traballos compaxinaranse co movemento de terras necesario para a creación da
praza de entrada á Illa do Cobo, que comezará na saída da pasarela metálica que
conecta á Illa coa avenida de Bos Aires. 
Tamén durante este mes, a empresa Elsamex, que executa a remodelación,
ten previsto iniciar a instalación do modulo de servizos.