Segundas andainas fluviais polo Lérez e Almofrei

65

O Concello de Pontevedra colabora
coa Comunidade de Montes do Salgueiral, en Bora, na organización das segundas
andainas fluviais polos ríos Lérez e Almofrei que se celebrarán os vindeiros
días 10 e 25 de setembro. O concelleiro delegado da parroquia de Bora, Demetrio
Gómez, xunto a representantes da Comunidade de Montes presentaron esta mañá as
dúas xornadas de andainas pensadas para todos os públicos e con distintos
atractivos.

Demetrio Gómez indicou que o
Concello de Pontevedra non pode facer outra cousa que non sexa colaborar con
este tipo de iniciativas que permite dar a coñecer a riqueza dos nosos montes e
o traballo da comunidade nos montes.

 

As andainas programadas son as
seguintes:

 

Día 10 de setembro:

§  Andaina
de orientación polas
inmediacións
da Senda do Almofrei e da Senda da Ferradura. Está pensada para maiores de 18
anos e menores
acompañados
polos seus pais ou titores. A lonxitude é de 15 km. A saída será ás 16:00 h na
Casa de Cultura do Salgueiral. Ten unha duración aproximada de 4 horas. Está
previstas 50 prazas e o prezo de inscrición é de 10 euros, nos que se inclúe o
avituallamento, material e unha camiseta.

§  Andaina nocturna (para adultos e menores acompañados de
adultos). É unha andaina de observación astronóica coa colaboración da
Asociación Sirio. Ten unha lonxitude de 12 km. A saída será ás 20.30 horas da
Ponte dos Tirantes. Ten unha duración dunhas 4 horas que pasará pola Ponte dos
Tirantes, Presa de Bora, Os Pasos, A Fervenza, Pico Sacro, Salgueiral e Regreso
en autobús a Pontevedra. O custo de inscrición é de 10 euros nos que está
incluída o avituallamento, camiseta, sesión de astronomía e regreso en autobús.

 

Día
25 de setembro:

§  Andaina Lérez-Almofrei: andaina clásica para os amantes do sendeirismo e para todos
aqueles que queiran descubrir o roteiro que une a Pontevedra
urbana coa
rural seguindo o curso dos ríos Lérez e Almofrei. Partirá da Ponte dos Tirantes
para ir pola senda do Lérez, presa de Bora, Os Pasos, A Fervenza, Pico Sacro,
Salgueiral, Os Pasos, Retorno a Ponte dos Tirantes. Ten unha lonxitude de 22
km. A saída foi de 10.00 horas da Ponte dos Tirantes. Terán unha duración de 4
horas. As prazas son 250 horas e o custe de inscrición é de 10 euros nos que
está incluído o avituallamento, camiseta e xantar ao finalizar a andaina.

§  Andaina xuvenil: andaina pola senda
fluvial do Salgueiral para coñecer a través de xogos e dinámicas a historia e a
riqueza natural do Almofrei.
Os rapaces irán
acompañados en todo momento por dous guías. O itinerario será
Salgueiral, A Balea,
Muíño da Bouza, Casa de Cultura do
Salgueiral.
A idade é de 11 a 17 anos e deben contar coa autorización de pais ou titores. A
lonxitude é de 5 km. Ás 10.00 horas na Ponte dos Tirantes en autobús ao
Salgueiral e volta ás 14.00 horas. O número de prazas son 25. E a inscrición de
5 euros que inclúe desprazamento en autobús, avituallamento, camiseta e xantar
ao finalizar a andaina.

§  Andaina infantil: andaina pola senda
fluvial do Salgueiral para coñecer a través de xogos e dinámicas a vida cotiá
do medio rural (a ovella, a vaca,
o palleiro,
o canastro…). Os rapaces irán acompañados en todo momento por dous guías. O
itinerario
é Salgueiral-A Balea-Muíño da BouzaCasa de Cultura do Salgueiral. Está pensado para unha idade
de 6 a 11 anos con autorización dos pais ou titores. Ten unha lonxitude de 2
km.
A saída será ás 10:00h na Ponte dos
tirantes en autobús ao Salgueiral e volta as 14:00h. O custe será de 5 euros e
inclúe desprazamentos en autobús, avituallamento, camiseta e xantar ao
finalizar a andaina.

§  Andaina inversa: andaina inversa do rural á cidade
dirixida a todos os veciños da parroquia de Bora
.
O itinerario será dende a Casa de Cultura do Salgueiral-As
Leiras-Os Pasos-Portamuiños- Ponte Bora-Senda do Lérez-Illa das Esculturas. A
lonxitude será de 10 km e a saída está prevista ás 12.00 horas na Casa da
Cultura do Salgueiral e ás 12.40 horas en Ponte Bora.
A duración é de 2
horas. Hai 80 prazas e o custe de inscrición é de 7 euros que inclúen avituallamento, camiseta e xantar ao finalizar a andaina.