Benestar Social Municipal saca a súa liña anual de axudas para Servizos Sociais e Cooperación Social

58

Por vez primeira a concellaría inclúe criterios sociais no baremo de adxudicación das axudas: coñecer a linguaxe de signos ou ter contratados traballadores con algunha discapacidade

Pódense presentar asociacións e entidades sen ánimo de lucro que traballan no eido social. Especial importancia en época de crise, teñen aquelas que desenvolven a súa actividade no eido da inclusión socio-laboral

 

A Concellaría de Benestar Social Municipal que dirixe Carme Fouces aprobou esta semana as subvencións para actividades de Servizos Sociais e para accións de Cooperación Social. En total 46.010,12 euros repartidos en 40.000 euros para accións propiamente dos servizos sociais, e 6.010,12 euros para cooperación social.
 
As axudas de servizos sociais modifican por vez primeira os baremos para a adxudicación das subvencións, de tal xeito que inclúen criterios sociais dentro das bases que regulan estas axudas. Entre outros baremos, primarase:

<>§§§e outros dous puntos poderán percibir as entidades que contrataran nos dous últimos anos a algunha persoa derivada do equipo municipal de inclusión social.
 
Esta variación das bases é unha aposta da concelleira da área, Carme Fouces quen xa asegurou na presentación do seu departamento que un dos obxectivos era que as distintas bases e contratos que vaia facendo a administración local, neste caso o Concello de Pontevedra, teñan cláususas de carácter social, especialmente importante nesta época de crise económica.
 
As axudas de Servizos Sociais que serán publicadas nos vindeiros días no Boletín Oficial de Pontevedra e poderán solicitarse durante un período dun mes, dende a súa publicación no boletín oficial.
Estas subvencións van dirixidas a promover actividades de asociacións e entidades, públicas ou privadas, sen ánimo de lucro, que poidan ser consideradas de interese social para o Concello de Pontevedra, contribuíndo á consecución de actuacións que, de xeito prioritario, se dirixan á poboación máis desfavorecida.

Poderán optar a esta subvención as aquelas asociacións e entidades inscritas no Rexisto de Entidades prestadoras de servizos sociais da Xunta de Galicia, con domicilio social en Pontevedra, e que realicen as actividades de interese municipal ou se atopen inscritas no rexistro municipal de asociacións.
 
Estas subvencións servirán para realizar actividades puntuais ou anuais no eido dos servizos sociais dirixidas á infancia, persoas maiores, persoas con discapacidade e a colectivos con dificultades de inserción social. Especialmente importante para a Concellaría é contar con asociacións que traballen no edio da inclusión socio-laboral tendo en conta a época de crise económica. 
 
Tamén se inclúen nesta liña de subvención outros ámbitos como a atención asistencial, de carácter formativo-informativo, de prevención, de promoción e cooperación do voluntariado social, programas de ocupación do tempo de lecer e programas de promoción da interculturalidade, por iso tamén é subvencionable as actividades dirixidas ao intercambio solidario, de carácter formativo ou asistencial, encamiñadas á cooperación social.
 
Outra das liñas de subvención son ás actividades dirixidas ao intercambio solidario, de carácter formativo ou asistencial, encamiñadas á cooperación social.
 

Unha das prioridades da Concellaría de Benestar Social, nesta nova andaina, é lograr que a sociedade pontevedresa participe en mellorar a calidade humana da cidade. Nesta situación de crise económica cobra especial importancia que os pontevedreses respondan ante todos aqueles veciños que están a ter dificultades. A colaboración é fundamental, por iso a Concellaría saca esta liña de axudas para todos aqueles colectivos que traballan tratando de mellorar a vida dos demais.

COMPARTIR