Convenio co Catastro

81
A Concellaría de Economía e Facenda está a negociar coa Dirección Xeral do Catastro a sinatura dun convenio que permitirá ao Concello “dar altas” de unidades urbanas cumprindo así as directrices que se fixou a Facenda municipal dende que se atopa nas mans de Raimundo González Carballo: revisar os padróns, actualizar os padróns e perseguir o fraude para eliminar a inxustiza social.

A sinatura deste convenio permite ao Concello dar as altas das novas unidades urbanas (novas casas, reformas, ampliacións…) e tamén facer revisión destas unidades por si se modificasen ou existisen erros. Remitiralle telematicamente esta información ao Catastro que se encargaría de dalas de alta.

Aínda que a sinatura deste convenio foi aprobada polo pleno municipal hai un ano, ten que ser ratificada o vindeiro luns porque o Catastro incluíu dúas addendas ao convenio. A primeira é poñer a disposición do Catastro un local no momento en que decida iniciar a redacción dunha nova ponencia; e tamén obriga ao Concello a asumir parte das notificacións cando se produza aquela situación de recopilación de datos para a redacción dunha nova ponencia.

O Concello pedía que non se inclurían estas addendas para non demorar a sinatura do convenio, e tendo en conta que sempre puxo un local (o Pazo da Cultura) ao servizo do Castro cando lle foi solicitada a colaboración. A última vez cando se fixo a revisión do Catastro rústico.